Sin resumen de edición |
Sin resumen de edición Etiqueta: sourceedit |
||
Línea 20: | Línea 20: | ||
[[pl:Szerszeń]] |
[[pl:Szerszeń]] |
||
[[pt:Vespa]] |
[[pt:Vespa]] |
||
+ | [[ro:Viespe]] |
||
[[ru:Оса]] |
[[ru:Оса]] |
||
[[Categoría:Monstros de XANA]] |
[[Categoría:Monstros de XANA]] |
Revisión del 18:21 19 feb 2015
As vespas foron os primeiros monstros de XANA voadores vistos en Lyoko, actuando como a forza aérea de XANA antes de que aparecesen as mantas. Son monstros verdosos e marróns con aparencia de insecto, con cinco pares de finas ás que lles permite moverse con máis axilidade que as mantas e de forma moito máis veloz, podendo igualar aos vehículos en persecucións.
Aínda que a súa arma principal é o láser lanzado desde o seu aguillón que quita 20 puntos, por el tamén poden lanzar un veleno viscoso e ácido, que quita 30 puntos ao contacto e lentamente mentres os inimigos están a ser alcanzados por el. Son rápidas e dificilmente pódeselles golpear. Ao superar en número aos inimigos, logran intimidalo. A súa debilidade céntrase no ollo de XANA como no resto e normalmente na tempada 1 vellas en grupos de tres e se vai un en solitario adoita quedar indefenso e é derrotado facilmente. Os seus ataques mais estrategicos son de 5 vespas voando ao redor dun Guerreiro de Lyoko, desde esa posición é fácil dispararlle.
Unha curiosidade é que, na tempada 2, vese a unha destas sacudindo a cabeza como para espabilarse, despois de que Aelita, sobre a táboa de Odd, deixásea completamente mareada. Tamén son as criaturas que atacaron a Franz Hopper nos soños/recordos de Aelita. Outra curiosidade é que o aguillón se lle move sempre que dispara.
Curiosamente, en todos os episodios onde outro monstro é materializado na Terra, as vespas aparecen en Lyoko.
En Código Lyoko: Evolución son os únicos monstros dos 5 orixinais que non aparecen, así que os únicos monstros voadores que quedan en Lyoko actualmente son as mantas.
Monstros de XANA |
---|
Bloques • Cangrexos • Cascudas • Gardián • Koloso • Mantas • Megatanques • Scyphozoa • Tarántulas • Vermes • Vespas • Monstros do Mar dixital • Clons |