Wiki Código Lyoko
(Nova páxina: "{{Episodio |bgcolor=#800080 |imaxe=Ficheiro:Lyoko108.jpg |título orixinal=Vendredi 13 |título en inglés=Friday the 13th |número=108 |tempada=5 ([[Código Lyoko: Evolución|Evo...")
 
Sin resumen de edición
Etiqueta: sourceedit
Línea 61: Línea 61:
 
[[es:Viernes 13]]
 
[[es:Viernes 13]]
 
[[fr:Vendredi 13]]
 
[[fr:Vendredi 13]]
  +
[[it:Venerdì 13]]
 
[[pt:Sexta-feira 13]]
 
[[pt:Sexta-feira 13]]
  +
[[ro:Vineri 13]]
 
[[ru:Покупатель роз]]
 
[[ru:Покупатель роз]]
 
[[Categoría:Episodios]]
 
[[Categoría:Episodios]]

Revisión del 00:31 11 ene 2016

Venres 13
Lyoko108
Título orixinal (francés) Vendredi 13
Título en inglés Friday the 13th
Nº de episodio total 108
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x13
Data de lanzamento orixinal 23 de marzo do 2013
Tipo de episodio Ataque de XANA
Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Caos en Kadic
seguinte
Intruso

Venres 13 é o episodio 13 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 108 en total de Código Lyoko. Estreouse o 23 de marzo do 2013 en Francia.

Argumento

En Kadic, Odd está pegado ao seu móbil, está a marcar os números para unha lotaría e gañar os 76 millóns, cre que por ser venres 13 vai ter sorte, até agarra unha ferradura. Ao final, di que gañou e emociónase moito, ponse a buscar a Samantha.

Máis tarde, Jeremie, Ulrich e Aelita ven nun computador que varias persoas gañaron, o cal non podía ser posible, debe de haber un erro; ven que XANA lanzou un ataque.

Samantha está a irse, Odd téntaa alcanzar para darlle a noticia, pero ela non o chega a escoitar, sae de Kadic e Jim detén a Odd pensando que se ía a casa cando el é interno, ordénalle volver entrar, Odd mira a Sam e obsérvalle unha flor cun corazón na súa camisa.

Na fábrica, Jeremie confirma o ataque e virtualiza a Ulrich e Aelita no sector 5, Yumi e William chegan e se virtualizan. William ponse a preguntarlle a Ulrich e a Yumi o que farían cos millóns do diñeiro ofrecido na lotaría.

Dous mantas aparecen e perséguenos. Ulrich e William encárganse deles e Yumi e Aelita seguen cara á torre. Destrúen ás mantas, Aelita e Yumi entran á torre ao mesmo tempo e desactívaa Yumi.

A lotaría cancélase e todo volve ser normal, non hai a quen darlle diñeiro. Unha vez na fábrica, repudian a Ulrich e William por actuar como infantís e egoístas.

Odd chega ao laboratorio triste, dinlle que o sorteo se cancelou. Odd pedira un millón de rosas para Samantha, todos ponse a charlar dicindo chistes e que Odd terminará de pagar as rosas en 200 anos, ata que o holoescáner actívase. XANA enganounos, aproveitou a ocasión para meter un virus no Skid.

Agora teñen que volver para salvar ao Skid xa que sen el non poderán ir a Cortex, pero só pode ir Odd. Dinlle que se encargarán das rosas e Jeremie virtualízao.

Unha vez que chega á plataforma, Jeremie dille que se ten que colocar no sitio do condutor, Odd quéixase dicindo que só pilotou o Skid unha vez (en realidade dúas) e desde hai moito tempo, igualmente ponse no centro e transfírese.

Dentro observa que a nave está en mal estado, Jeremie ordénalle saír xa que desde alí está a propagarse o virus, Odd faio con dificultade. Yumi sae a encargarse das flores.

Jeremie detecta que o virus danou o sistema inmunitario do Skid, polo que xa non está protexido no Mar dixital e se cae, este e Odd se desintegrarán, no caso de Odd, para sempre. Aelita ordena a Odd manter a súa altitude e activar o piloto automático. Odd faio e permanece tranquilo mentres se ocupan do sistema de protección.

Yumi trata de dicirlle ao señor que deixe de descargar as rosas do camión que non poden pagar, pero este ignóraa, termina de descargalas e vaise. Aelita e Jeremie non conseguen atopar nada, deciden contactar a Laura, Ulrich e William búscana.

Unha vez no laboratorio, Laura di que van ter que desactivar a devasa de entrada, reconfigurar o sistema de detección de instrucións e redirixir todo, dille a Odd unhas accións para resolver o problema. Odd faio, pero o piloto automático empeza a fallar, Jeremie tenta materializalo pero non pode, e Odd activa os propulsores. Jeremie ten a idea de virtualizar a Laura nun dos NavSkids para que se encargue persoalmente de reparar a protección do Skid; a pesar da obvia oposición de Aelita, ordena a Ulrich e William que a leven aos escáneres, xa non teñen outra opción.

Laura é levada aos escáneres, antes de entrar, os propulsores empezan a fallar, Aelita dille que o venres 13 é só unha superstición e que debe crer en si mesmo, ordénalle expulsar os NavSkids. Odd faio, logo marca uns códigos que Aelita dille, esta detén a Jeremie de transferir a Laura.

Odd logrouno, o virus foi desfeito. Odd regresa ao laboratorio. Jeremie di que deberá comprobar os sistemas do Skid e atopar a forma de evitar sorpresas desagradables, pero todos menos Laura vanse; enfadada por non virtualizarse, a loura mira ao xenio e vaise.

En Kadic, Odd está sentado nun banco, Samantha chega e dille que as flores son xeniais, bícao na fazula e vaise. Ao final, todos propoñen aforrar e axudar a pagar as rosas entre todos.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
107: Caos en Kadic 108: Venres 13 109: Intruso