Wiki Código Lyoko
Advertisement
Unha boa lea
Lyoko42
Título orixinal (francés) Désordre
Título en inglés A Fine Mess
№ de episodio total 42
Tempada 2
Episodio na tempada 2x16
Estrea orixinal 16 de decembro do 2005
Tipo de episodio Intercambio de corpos
Episodios de Código Lyoko
anterior
Ultimato
seguinte
O bico de XANA

Unha boa lea é o episodio 16 da tempada 2 e o episódio 42 da serie Código Lyoko. Estreouse o 16 de decembro do 2005 en Francia.

Argumento[]

O episodio empeza cos cinco Guerreiros de Lyoko que regresan dunha misión e saen polos escáneres (Ulrich xa saíra). Pero entón prodúcese un erro: Yumi atópase no corpo de Odd, e Odd no de Yumi.

Jeremie comproba e atopa un erro no programa de materialización. El non o pode amañar así como así, os dous adolescentes terán que afacerse á súa condición ata que Jeremie atopar unha cura. No entanto, as desvantaxes están a empezar a ser numerosas xa que Odd nota a tira do suxeitador de Yumi.

Jeremie e Aelita están a traballar na fábrica, mentres que Odd e Yumi terán que intercambiar, ademais do seu corpo, a súa forma de vida: Odd dille a Yumi que faga o plan BCD (Bañarse, Cear e Durmir), e Yumi dille que o faga ao estilo xaponés.

Máis adiante no mesmo día, mentres que Ulrich e Odd (no corpo de Yumi) están no patio, Odd dille que practique pedirlle saír con Yumi. Ulrich di que non, pero vén Sissi. Ela insulta Yumi, cuxo corpo habita Odd. Pero entón Odd di que están feitos “o un para o outro” e pon a súa testa sobre o ombreiro de Ulrich. Desgustada, Sissi afástase mentres Tamiya toma unha foto dos dous xuntos para o xornal escolar. Ulrich ameaza Odd de morte se o fixer de novo e vaise.

Odd pasa unha tarde complicada no corpo de Yumi e ten que comer comida xaponesa, coa axuda dun garfo seu que lle dera Yumi (no corpo de Odd). Mentres tanto, Yumi ten que compartir o dormitorio con Ulrich e recibe varias labazadas por Odd que enganara varias mozas. O caso dos dous adolescentes empeora durante a tarde, cando os seus corpos comezan a desaparecer e reaparecer por pezas. Cada vez máis frecuentes e máis longas.

Ao día seguinte Yumi ten un exame sorpresa de matemáticas que Odd non sabe nada, e menos dun curso superior (William estráñase). Daquela Jeremie di que atopou unha solución, pero teñen que ir a Lyoko. Os Guerreiros de Lyoko finalmente entran en Lyoko (no sector do xeo) e Aelita entra nunha torre. Mentres tanto, XANA envía cascudas e Ulrich ten que loitar contra elas só, porque Odd e Yumi non controlan as súas respectivas armas de loita. Pero Odd e Yumi empezan a desaparecer momentaneamente máis frecuentemente. Tamén o programa ten uns inhibidores, e hai que ir ao sector 5 atopar algo para neutralizaren o inhibidor. Antes de colleren o transportador, Ulrich é desvirtualizado por un megatanque, mentres que Odd, Yumi e Aelita escapan ao sector 5.

Os tres continúan a procurar a chave que parece inaccesible, por riba do baleiro. En realidade non lles é ningún problema, poden flotar debido aos parámetros da gravidade da sala: hai antigravidade. Odd (no corpo de Yumi) pulsa a chave. Con Odd (no corpo de Yumi) no final, Yumi (no corpo de Odd) preto do final e Aelita no medio vén a medusa, pero un abano faina fuxir. Aelita chega á interface e empeza a desactivar os inhibidores, mentres que Jeremie anuncia que a Yumi e a Odd lles quedan moi poucos instantes antes de desintegrárense definitivamente. Despois duns segundos, Aelita finalmente completa a desactivación dos inhibidores, pasando os controis a Jeremie, quen inmediatamente empeza a reiniciar o programa de rematerialización.

Non moito máis de cinco segundos despois, Yumi e Odd son desvirtualizados polos réptiles que os alcanzaran intre atrás e, mentres o programa acaba de reconfigurarse, materialízanse nos seus respectivos corpos. Todo volveu á normalidade: Yumi perdooulle case todo a Odd, pero achégase coa última edición das noticias… a foto tomada por Tamiya onde Odd (no corpo de Yumi) sae abrazando Ulrich e que rematou nas páxinas do xornal escolar. O episodio remata con Yumi a gritar enfurecida.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
41: Ultimato 42: Unha boa lea 43: O bico de XANA
Advertisement