Wiki Código Lyoko
Registrarse
Advertisement

Elisabeth Delmas, chamada polos seus amigos Sissi, é a filla de Jean-Pierre Delmas, director do colexio Kadic. Ela é moi popular mais tamén moi odiada por ter unha personalidade antipática. Hervé Pichon e Nicolas Poliakoff son dous mozos namorados por Sissi que sempre están detrás dela.

Características[]

Considérase que Sissi é a rapariga máis atractiva da academia (aínda que se menciona en moitas ocasións que é Anaïs Fiquet). Xeralmente adoita levar pantalóns fucsia e camiseta rosada cun corazón. Usa como bañador un biquini excesivamente sucinto. Vai acompañada sempre de Nicolas e Hervé, dous alumnos fans dela que a obedecen en todo. Sissi é popular e crese máis bonita cás demais raparigas da academia Kadic. Na tempada 4 viste vaqueiros pirata e un top rosa, e cambia a súa cinta do cabelo por unhas pinzas cun corazón.

Está namorada de Ulrich Stern desde que era moi pequena, pero el non lle corresponde a ese sentimento. Sempre está celosa de Yumi (de quen Ulrich está namorado) polo que algunhas veces ten a intención de que Yumi e Ulrich non estean xuntos nin un minuto, adoita facerlle chantaxe e seducilo para conseguir o seu amor. Pero ao ver que non o consegue, fai todo para vingarse da banda. Durante a tempada 1 ela demostrou raramente un lado máis enfático. Tivo máis protagonismo na tempada 2, aínda que ela aínda parece ser unha pequena porción da serie. Mesmo ela axuda o grupo en ocasións a alcanzar a vitoria, aínda que non está absolutamente decatada da causa á cal axudou. Ela en realidade é unha rapariga doce e amable, pero os demais non se decatan porque non lle é fácil demostrar os seus sentimentos. Sissi é perfectamente consciente que a banda dos Guerreiros de Lyoko garda un segredo e ela aproveita cada ocasión para porlle trabas, tanto por curiosidade como por celos.

En Código Lyoko: Evolución é interpretada por Clèmency Haynes. A pesar de ser amiga dos Guerreiros de Lyoko continuará a discutir con Odd.

Historia[]

Tempada 1[]

No episodio 0 (O espertar de XANA) descubriu Lyoko xunto con Odd e antes ca Yumi, pero despois de Ulrich e Jérémie). Sissi seguiu Ulrich mentres que este secuestraba a Kiwi para usalo como cobaia cos escáneres. No entanto, négase a ser virtualizada, cando Ulrich lle presenta Lyoko como “un universo virtual cheo de monstros”. Na parte 2 do episodio 0, ela promete gardar o segredo da fábrica e aceptou ir a Lyoko, a condición de ir primeiramente ao seu adestramento de animadora. Pero, mentres tanto, XANA envía un monstro de enerxía eléctrica, e ela é levada consecuentemente á enfermaría, mentres que Yumi se virtualiza no seu lugar. Cando Sissi esperta, esquece a súa promesa e con pánico, revela o segredo ao seu pai e a Jim, levándoos ata a fábrica. Os tres chegan no momento en que a torre se desactiva, e Ulrich enfádase con Sissi por divulgar o segredo. Esta, furiosa ao ver que Yumi avanzouse a ela, di ao seu pai e a Jim que a supercomputadora é perigosa, e é cualificada de “traidora sucia” por Ulrich. Jeremie lanza entón por primeira vez un regreso ao pasado, que borra a súa propia memoria e a de Sissi, de Jim e do Sr. Delmas. Jeremie é posto rapidamente ao día polos seus amigos, pero Sissi, que perdeu a confianza dos seus ex-amigos, xa non foi nunca integrada nos Guerreiros de Lyoko. Suponse que é por esta razón que eles nunca puideron ser amables con ela durante moito tempo, aínda que a Ulrich parecía que xa non lle caía ben Sissi desde o principio.

No episodio 4 (O diario), Sissi rouba o diario íntimo de Ulrich, no cal fala de Lyoko, para facerlle chantaxe co fin de que saia con ela. En resposta, Yumi atopa o de Sissi. Leo e descobre que Sissi fixo isto para que Ulrich se interesase nela e tamén di que ela está realmente namorada del.

No episodio 19 (Fronteira) Ulrich bica Sissi para que o seu pai deixe Yumi libre.

Tempada 2[]

No episodio 30 (Un gran día) da tempada 2, XANA posúe Sissi co fin de reter Jeremie para que a Scyphozoa roube a memoria de Aelita. Odd e Ulrich van buscarlle pois non saben virtualizarse en Lyoko e Ulrich loita contra Sissi. Cando ela está a piques de matar Ulrich cun tubo de metal, Aelita desactiva a torre devolvendo Sissi ao seu estado normal. Sissi foi o primeiro ser humano posuído por XANA.

No episodio 34 (O elo perdido), ela fai un favor a Ulrich substituíndo Yumi para a foto de clase cando llo expoñen, e sobre todo, non pide nada a cambio.

No episodio 41 (Ultimato), despois de que Ulrich dixo a Sissi que esquecerá todo, esta dálle un bico, e despois Ulrich móstrase máis simpático con ela.

No episodio 46 (Escenas repetidas) ambos, sen sabelo, namóranse entre si a través de Internet e Odd flerta con Sissi na clase da señora Hertz. Cando Odd descobre que Sissi é a rapariga coa que fala por Internet, avergóñase e termina a relación sen dicir a Sissi que el é o raparigo co que mantivo unha relación por Internet. Nos outros episodios, moitos despois do 46, Odd comeza a burlarse moito menos de Sissi do que el fixo na primeira tempada. Esta é unha indicación dun posible romance entre os dous.

Tempada 3[]

Na tempada 3 Sissi ten pouco protagonismo, e é só unha personaxe de recheo.

Tempada 4[]

No episodio 66 (O regreso de William), primeiro episodio da tempada 4, Sissi aproveita unha disputa entre Milly Solovieff e Tamiya Diop para tomar a dirección da revista “Noticias Kadic”, o xornal do colexio. Isto tórnase aínda máis incómodo para os Guerreiros de Lyoko. No entanto, perde o seu posto cando Milly e Tamia dimiten para non teren que obedecela unha vez máis (e reconcílianse no mesmo instante). Desde entón, Milly e Tamiya retomaron o xornal sen ela.

Despois, no episodio 69 (Sala de xogos), Sissi ten un rol ambiguo, xa que impide que Ulrich vaia á fábrica, pero axúdao tamén contra o clon polimórfico de William, demostrando a súa coraxe ao atacar o clon para protexer Ulrich. Como recompensa, os Guerreiros de Lyoko conseguen que ela sexa nomeada xefa da sala de xogos ao finalizar o episodio.

No episodio 85 (A fermosa de Kadic), Sissi convida a súa amiga por correspondencia islandesa a Kadic, esperando así atraer máis atención sobre ela. Pero a súa amiga pon todos os raparigos do colexio baixo o seu encanto e Odd namórase dela, cometendo a torpeza de revelarlle a existencia do supercomputador, producindo tensións nos Guerreiros de Lyoko. Cando o incidente é reparado, Sissi despídese da súa amiga por correspondencia que volve a Islandia e entón Sissi é perseguida por Odd…

No episodio 88 (Curmáns inimigos), ela infíltrase na vivenda de Jeremie durante a ausencia deste, e descobre no seu computador, coa complicidade de Hervé e a axuda temporal de Patrick (o curmán de Jeremie), varias informacións clandestinas: discusións telefónicas trucadas co director, os falsos papeis de Aelita… e tenta utilizar isto para que os expulsen. Patrick interponse, pero XANA intervén entón posuíndo a Hervé e a Sissi co fin de utilizar o computador de Jeremie para sabotear o Skid. Jeremie volve logo, e axuda o seu curmán Patrick contra os posuídos. Despois de varias peripecias, Aelita desactiva a torre activada por XANA e lanza un regreso ao pasado, volvendo todo na orde.

No episodio 91 (Mala cobertura), o teléfono móbil de Sissi queda roto cando o seu pai o tentaba arranxar, o que lle permite escapar da posesión masiva lanzada por XANA a través dos teléfonos móbiles. Así, axuda a Odd cando é perseguido por todo Kadic polos seus pais, os alumnos e os profesores que están baixo o control de XANA. A torre desactívase no momento en que os posuídos ían empuxar Odd e Sissi desde o tellado cara abaixo, e un regreso ao pasado borra este incidente. Para agradecerlle a súa axuda fronte ao ataque de XANA, Odd non se burla de Sissi na súa curtametraxe, e mesmo ata a valoriza.

Sissi redescubre a existencia de Lyoko no episodio 95 (Ecos), pouco despois da suposta morte de XANA. Cóntalle todo ao seu pai, que fai que ela sexa levada á enfermaría porque a considera tola. Máis tarde, despois do último regreso ao pasado lanzada por Jeremie, ela reconcíliase finalmente cos Guerreiros de Lyoko, que, despois de vencer o seu peor inimigo, son liberados finalmente do seu inimigo secundario.

Código Lyoko: Evolución[]

En Código Lyoko: Evolución, Sissi é interpretada por Clèmency Haynes. Sissi durante moito tempo mantivo unha relación ambigua cos Guerreiros de Lyoko. Ao finalizar o primeiro conflito con XANA, os Guerreiros de Lyoko acordaron que ían ser menos desagradables con Sissi e fixeron as paces con ela. Hoxe, Sissi parece estar desinteresada dos Guerreiros de Lyoko, e non lles molesta tanto como no pasado. As súas aparicións durante o segundo conflito contra XANA fanse moi escasas. É máis favorecedora co grupo, coa excepción de Odd, xa que no episodio 104 (Como enganar a XANA), Sissi continúa a discutir con el.

Ela tenta unirse nunha tarde de compras entre Aelita e Yumi no episodio 116 (Falsos dobres). Acaba por atoparse en pleno ataque dun espectro. Aelita entón disfraza Sissi dela mesma para despistar o espectro. Sissi atópase cun bo susto e precisan dun regreso ao pasado. No entanto, Aelita agradécelle a súa axuda convidándoa a esa desexada tarde de compras despois do ataque de XANA.

Sissi era morena en Código Lyoko, pero é loura en Código Lyoko: Evolución. Este cambio é seguramente debido a unha frase de Odd no episodio 94 (Loitar ata o final), que a aconsella tinguirse de loura. No entanto, esta foi unha das modificacións mal vividas pola comunidade de fans. O rol de Sissi, alén diso, diminuíu profundamente.

Curiosidades[]

  • Se cadra elixiron unha actriz loura xa que Odd nun episodio lle dixo que se tinguise de loura xa que lle daba máis personalidade.
  • Aínda que no último episodio de Código Lyoko os Guerreiros de Lyoko dixeron que era a súa amiga, ela non sería unha máis dos Guerreiros de Lyoko polos problemas que deu durante toda a serie.
  • Se cadra William sente algo por ela e ela algo por el. Isto pode ser porque ambos non tiñan posibilidades de saír coa persoa que querían porque esta quería outra. Isto móstrase no episodio 36 (Marabunta).

Galería[]


Personaxes de Código Lyoko
Principais: Jeremie BelpoisAelitaYumi IshiyamaOdd Della RobbiaUlrich SternWilliam DunbarLaura GauthierXANA
Secundarios: Franz HopperKiwiSissiJimSr. DelmasSeñora HertzNicolasHervéMillyTamiyaSamTyronMáis…
Advertisement