Wiki Código Lyoko
Registrarse
Advertisement

Jeremie×Aelita[]

Jeremieaelita

Jeremie×Aelita.

Jeremie×Aelita é un dos romances con máis apoio en todo o grupo de fans de Código Lyoko, e moitas veces descrito por moitos fans como o “máis bonito”. En moitos episodios, como o 19 (Fronteira) e o 43 (O bico de XANA), foron un pouco enfocados sobre este.

O romance foi moi pequeno no inicio da serie, pero por exemplo, no episodio 2 (Ver para crer), Jeremie non quere alertar as autoridades do perigo inminente, porque quere protexer Aelita. No medio da tempada, no entanto, quedou claro que Jeremie tiña sentimentos por Aelita. No episodio 10 (A rapaza dos meus soños) e no 18 (Melodía mortal) é coñecido que Jeremie soña con Aelita. No episodio 19 (Fronteira), tenta desculparse con ela en persoa e quere ir a Lyoko. No episodio 24 (A canle oculta), antes de entrar na simulación de Boulogne-Billancourt de XANA, Jeremie di Aelita que prefire ir a outro mundo con ela alí e ela di que prefire estar alí tamén.

Ulrich×Yumi[]

Ulrichyumi

Ulrich×Yumi.

Ulrich×Yumi é probablemente o romance máis recoñecido amplamente en Código Lyoko. É apoiado polos fans tamén. Algúns episodios están baseados neste romance, e unha escena en particular en Garage Kids, suxire un xeito máis sexual. Ulrich xeralmente nunca tivo a coraxe de dicirlle a Yumi os seus sentimentos por ela, nin Yumi a Ulrich, pero no episodio 39 (Unha volta mala), Ulrich é animado polo resto do grupo para contarlle a Yumi os seus sentimentos, pero cando chega á casa de Yumi, William está com ela, e Ulrich enfádase e márchase. O episodio 22 (Rutina) é todo sobre este romance: eles teñen unha pelexa, pero ao final case se beixan.

Ulrich e Yumi están namorados desde o primeiro episodio e desde entón non queren estar separados: nun episodio Ulrich estuvo “desaparecido” e Yumi quedou moi enfadada contra Jeremie, e comezou a chorar soa na casa.

No episodio 53 (Directo ao corazón) ​​Yumi decide que Ulrich e ela son só amigos. Pero en Código Lyoko: Evolución volve xurdi-la relación.

Ulrich×Sissi[]

Ulrichsissi

Ulrich×Sissi.

Ulrich×Sissi é o romance que Sissi desexa. Así Sissi constantemente irrita Ulrich e o resto dos Guerreiros de Lyoko. De feito, Ulrich absolutamente despreza a idea de sair cunha nena mimada como Sissi.

É revelado no episodio 4 (O diario) que Sissi ten unha páxina no seu diario totalmente dedicado a Ulrich, en que ela ten unha foto del e escribiu o seu nome en diferentes fontes. Despois dun regreso ao pasado, Ulrich encontra o seu diario antes de que Sissi poida facer chantaxe com ele. No episodio 19 (Fronteira) Ulrich bicou Sissi para que o seu pai deixe libre Yumi. No episodio 41 (Ultimato) Ulrich bicou Sissi cando o ataque de XANA terminou, e Odd viu o bico.

William×Yumi[]

Williamyumi

William×Yumi.

William×Yumi é probablemente o romance máis famoso da segunda tempada. Parece evidente que o William é atraído por Yumi. Isto fai moita tensión entre William e Ulrich. Con todo, parece que Yumi ten unha forte aversión cara a William, como se mostra no episodio 59 (O segredo), onde Yumi é a única que votou en contra de que William se unise ao grupo. Ela desconfiaba del, e no episodio 65 (A batalla final) cando era desvirtualizada por William-XANA ela di “Sabía que era unha mala idea traerche ao grupo”. Tamén se mostrou no episodio 94 (Loitar ata o final) e no 95 (Ecos) que Yumi non tiña ningunha relación amorosa con William.

Pero Yumi non quere nada con William, ela só quere que Ulrich teña a coraxe de dicirlle o que pensa, e no episodio 74 (Prefiro non falar sobre isto), algo ocorreu na piscina cos dous (é probable que sexa o que ocorreu no episodio 36 Marabunta).

Odd×Aelita[]

Oddaelita

Odd×Aelita.

Odd×Aelita emprégase principalmente cando os autores queren un pouco de variedade, non só o habitual Jeremie×Aelita. Este romance está soportado polo espectáculo, sobre todo na primeira tempada.

Odd dá a Aelita o alcume de “princesa”, e é amplamente considerado polos fans que sexa unha alusión aos sentimentos inatos de Odd cara a Aelita. Moitos fans consideraron este alcume como literal.

Aelita bicou Odd no episodio 73 (Réplica), pero só para facerlles crer a Nicolas e a Hervé que eran noivos. Este é un gran erro da serie: Aelita e Odd son presuntamente curmáns. Isto pode ser feito de propósito para facer a historia aínda máis incrible.

Odd×Sissi[]

Oddsissi

Odd×Sissi.

Odd×Sissi é un romance que non está moi claro. Insinúase no episodio 4 (O diario), no 13 (Xusto a tempo), e en varios outros episodios, pero é máis evidente no 46 (Escenas repetidas), onde eles dous, sen sabelo, namóranse entre si a través de Internet e Odd flerta con Sissi na clase da señora Hertz. Nos outros episodios, moitos despois do 46, Odd comeza a burlarse moito menos de Sissi do que el fixo na primeira tempada. Esta é unha indicación dun posible romance entre os dous. Hervé pode ser un competidor para o corazón de Sissi, xa que el tamén sente algo por ela, e usa métodos moito máis violentos ca Odd, se é necesario, para reclamar o seu afecto. Na tempada 4 Odd flerta máis con Sissi.

Odd×Samantha[]

Oddsam

Odd×Sam.

Odd×Samantha é un posible romance estable. Samantha apareceu no episodio 23 (Ataque subterráneo) e onde parece que eran noivos (directamente Odd bicou Sam) e no episodio 65 (A batalla final), despois de estar un ano lonxe de Odd. Hai moi poucos fans que conteñen este emparellamento.

El estaba baixo o seu feitizo por un momento breve, pero el non a perdoa por non dar a mensaxe de Ulrich para chegar á fábrica. Odd de novo pasa pola fase “mullereiro” na tempada 4.

En Código Lyoko: Evolución regresa Sam. Odd convidouna a cear con el, pero iso foi estragado cando un clon polimórfico convertido nun xardineiro atácao, ela intervén e o clon retírase. Como Odd non podía falar ben a causa do clon, Sam deixouno. Sam está digustada con Odd despois do ocorrido na cafetaría co espectro do episodio 102 (Conta atrás) e Odd quere facer as paces e desculparse pero é interrompido por Jeremie para ir á fábrica.

Advertisement