Wiki Código Lyoko
Registrarse
Advertisement
O segredo
Lyoko59
Título orixinal (francés) Le secret
Título en inglés The Secret
Nº de episodio total 59
Tempada 3
Episodio na tempada 3x7
Data de lanzamento orixinal 21 de outubro do 2006
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
O pretendente
seguinte
Demencia temporal

O segredo é o episodio 7 da tempada 3 e o episódio 59 da serie Código Lyoko. Estreouse o 21 de outubro do 2006 en Francia.

Argumento[]

Yumi é espertada por Jeremie, porque lle avisou que XANA lanzou un ataque. Vai o máis rápido posible, pero saíndo da súa casa, é atropelada por William en monopatín. El empeza a preguntar por que está levantada a esas horas da noite. William non a deixa pasar e pídelle un bico. Yumi dille a William que peche os ollos, mentres ela discretamente vaise. William abre os ollos, e descobre que Yumi non está. Ela vai cara aos escáneres, pero é demasiado tarde, os Guerreiros de Lyoko xa saen dos escáneres, o ataque xa foi contrarrestado.

Ao día seguinte, William dille a Yumi que nunca foi humillado desa maneira. Jim chámao, pero William bérralle e é castigado na biblioteca, e pretende descubrir o segredo. Máis tarde, Jeremie e Aelita están a piques de facer unha presentación de historia, e XANA ataca unha vez máis. Odd e Ulrich van directamente á fábrica mentres tanto, mentres Jeremie e Aelita fan a exposición moi rapidamente. Desafortunadamente, William atopa Odd e Ulrich e ségueos nos sumidoiros.

Jeremie e Aelita completan a súa presentación moi rapidamente, doutra banda, Yumi vai á piscina sen saber que os seus amigos están a tratar de desactivar unha torre. En canto a William, el seguiu a Odd e Ulrich ao laboratorio. Cando Aelita e Jeremie veñen, William métese no ascensor con eles antes de descubrir o segredo do laboratorio. Curiosamente, é cooperativo e ofrece a ir buscar a Yumi á piscina, mentres que dous pisos máis arriba, un traballador posuído por XANA cunha bolsa de explosivos está a facer algo.

Jeremie virtualiza a Odd e Ulrich no sector do xeo e envía os seus vehículos, e detrás deles, aparece un exército de cascudas. William chega á piscina e avisa a Yumi, e Jim rífalle pero Yumi sabe de que vai. Odd e Ulrich loitan contra o exército de cascudas combinando os vehículos e os campos de enerxía. O traballador completa as súas instalacións de pór bombas e pon un detonador. Unha conta regresiva de 10 minutos aparece… William e Yumi están de volta á fábrica, pero aparece o obreiro e empeza a loitar violentamente contra Yumi e William.

Namentres, en Lyoko aparecen bloques, que desvirtualizan a Ulrich e Odd en moi pouco tempo, debido á gran eficacia coa que atacan. Pero Odd logra levar a Aelita á torre e ela desactívaa cando o obreiro estaba por tirar a William e Yumi da ponte. William dáse conta de que o obreiro traballa nunha fábrica de explosivos, e pretende destruír a fábrica. Jeremie quere lanzar un regreso ao pasado, pero a Scyphozoa aparece en Lyoko e captura a Aelita nos seus tentáculos. Jeremie non quería correr o risco de iniciar un regreso ao pasado, por temor ás consecuencias da súa amiga. Por tanto, é necesario desactivar a bomba e reter a Aelita. Yumi é virtualizada cando a Scyphozoa termina o seu traballo. Yumi entretén a Aelita, mentres que loita con megatanques.

Na terra os Guerreiros de Lyoko buscan en balde o detonador. Finalmente atópano grazas ás indicacións do traballador. Ao mesmo tempo, Yumi loita contra Aelita e ela lanza campos de enerxía, e logra desvirtualizar a Aelita antes de entrar na torre do paso do xeo, pero ela tamén se desvirtualiza. Na Terra, William desactiva a bomba e salva o grupo dunha explosión na fábrica.

Só un problema máis: o caso de William. Os Guerreiros de Lyoko deciden votar se queda no grupo, e se un deles vota en contra activarán o regreso ao pasado. Con todo, unha persoa oponse e o regreso ao pasado ponse en marcha.

Na Terra, os Guerreiros de Lyoko descobren que a negativa non veu de Ulrich, nin de Odd, Aelita ou Jeremie. Era Yumi a que votara en contra, debido á dseconfianza que lle inspira.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
58: O pretendente 59: O segredo 60: Demencia temporal
Advertisement