Wiki Código Lyoko
Advertisement
O espertar de XANA
Lyoko0
Título orixinal (francés) Le réveil de XANA
Título en inglés XANA Awakens
№ de episodio total 0
Tempada 1
Episodio na tempada 1x0
Estrea orixinal 21 de outubro do 2006
Tipo de episodio Comezo da serie
Episodios de Código Lyoko
anterior
seguinte
Godzilla, o oso de peluche

O espertar de XANA é o episodio 0 da serie Código Lyoko pertencente á tempada 1. Estreouse o 21 de outubro do 2006 en Francia.

Argumento[]

É un episodio dividido en dúas partes. O episodio fixérono despois da tempada 3, aínda que os feitos que describe suceden antes do primeiro episodio da tempada 1 (de aí o seu nome). Nalgúns países chamaron este preludio como episodio 0. Nestes dous episodios amósase como se coñecen os personaxes.

Primeira parte[]

Nalgún momento do ano escolar, Jeremie Belpois tropeza coa abandonada fábrica á procura de ferramentas para completar os seus robots. Na súa procura, atopa o laboratorio e decide activar a supercomputadora para ver o que ten. Cando se dá a volta ás pantallas accidentalmente esperta unha criatura misteriosa de pelo rosa que de inmediato se pregunta onde está. Á mañá seguinte, preséntase a Ulrich Stern un mozo novo na academia Kadic chamado Odd Della Robbia, que será o seu novo compañeiro de habitación. Ulrich nese mesmo momento di a Odd que se coñecerán amodo, e entón Elisabeth (Sissi) Delmas vén dicirlle a Ulrich que se verán no seu dormitorio ás oito da noite. A Odd de inmediato éntralle un interese por Sissi malia a afirmación de Ulrich que ela está namorada de Ulrich. Odd continúa a molestar Ulrich logo de clase con chistes malos, dicindo que ao final do día, Ulrich non poderá vivir sen el. Durante un receso da mañá entre as clases Jeremie volve ao laboratorio para facer contacto coa criatura misteriosa coa que se reuniu o día anterior pola noite á que puxo de nome “Maia”. Mentres que el é capaz de responder á súa pregunta de onde se atopa, descobre un mundo virtual chamado Lyoko pero non sabe por que está alí. Cando Maia dá uns pasos sae da torre na que se espertou, e fóra dela descobre un gran bosque, e amósalle a Jeremie unha imaxe da paisaxe. Mentres que Jeremie ve nun mapa holográfico outros tres sectores con diferentes ambientes, Maia é abordada por dúas cascudas que empezan a disparar contra ela. Maia volve entrar na torre e Jeremie observa como os seus puntos de vida se rexeneran. Mentres que Yumi Ishiyama merca algo dunha máquina expendedora e se afasta, Odd continúa a preguntar a Ulrich sobre Sissi, mentres Ulrich lle continúa a dicir a Odd que el non é o seu tipo. Mentres Jeremie tenta facer unha selección na máquina de refrescos electrocútase, e un símbolo misterioso idéntico a un que estaba nos monstros de Lyoko, aparece case desapercibido nos botóns da máquina. Ulrich leva Jeremie á enfermaría onde lle asegura que Jeremie estará ben. Mentres Jeremie se cura, Ulrich asiste a unha clase de artes marciais que consta só del só, ata que a rapaza xaponesa vista brevemente antes aparece. Jim Moralés é o instrutor da clase, e fai unha broma comparando os nomes de varias artes marciais aos pratos dun restaurante chinés e Yumi corríxelle a Jim xa que ela é xaponesa. Jim cóntalles aos seus alumnos que unha vez foi atacado por un castor, mentres traballaba como garda forestal en Quebec. A historia fai que a Yumi e a Ulrich lles dea un ataque de risa, e dinlle a Jim que sería mellor que non llelo contase tralo combate, e cada un marcha á súa casa. Cando Ulrich volve ao seu dormitorio, atópase o cuarto feito un desastre por culpa de Kiwi, o can de Odd. Molesto pola desorde, Ulrich ameaza con dicirlle ao sr. Delmas que Odd ten un can e vaise. Mentres isto sucede, Jeremie continúa a traballar no seu dormitorio cando o seu ordenador amosa o mesmo símbolo estraño que estaba nos monstros de Lyoko e na máquina expendedora. Ulrich chega ao seu dormitorio polos berros de Jeremie, e el explica que os seus robots en miniatura o atacaron. Ulrich esixe saber o que está a suceder logo de rescatalo. Logo dun pouco de persuasión, Jeremie dillo a Ulrich como un segredo. Despois Jeremie leva Ulrich á fábrica, preséntalle Maia e dálle un resumo sobre o que sucedeu con respecto a Lyoko. Tamén sinala que a pantalla do seu ordenador no momento en que os seus robots o atacaron, tiña un símbolo idéntico ao dos monstros que atacaron Maia. Preocupado polo perigo que o equipo parece suscitar, Ulrich suxírelle a Jeremie que chame á policía. Jeremie está de acordo, pero só coa condición de que materialicen Maia na Terra, afirmando que atopou algo que podería facer isto posible.

Isto condúceos á planta de abaixo, onde Jeremie mostra a sala de escáneres. Pero Ulrich non cre Jeremie cando trata de explicar o que os escáneres poden facer, así que Jeremie suxire o uso dun coello de indias para probalo. Ulrich rapidamente di que sabe onde atopar un e vaise buscalo, no entanto é rapidamente seguido por Sissi, que aínda estaba á espera de Ulrich ao seu encontro, e Odd, que espertou polo secuestro de Kiwi. Os dous atopan a fábrica, Ulrich coloca Kiwi nun escáner aberto e sobe ata o laboratorio para dicir a Jeremie que xa pode iniciar o procedemento. No entanto Odd métese no escáner sen decatarse ao intentar coller Kiwi (saíndo o can do escáner) e el é virtualizado en Lyoko.

Odd atópase no sector do bosque vestido, ao seu desconcerto, coma un gato morado de gran tamaño. A el gústalle o lugar ata que os mesmos monstros que atacaron Maia téndenlle unha emboscada, e Ulrich suxire que Sissi e el se virtualicen para axudalo. Pero Sissi bótase atrás, Ulrich vai a Lyoko coma un samurái. Tendo en conta que as súas formas se crean sen necesidade de programación, Jeremie asume que as súas formas se basean no que lles gustaría ser (malia que Odd di que non lle gustaría ser un gato morado).

Mentres Sissi e Kiwi van ao laboratorio onde Jeremie está a guiar Ulrich e Odd para que atopen Maia, os tres son atacados polos cables do chan. Abandonados por Jeremie, Odd e Ulrich entran nunha torre e cambian de sector. Alí Ulrich sinala que unha das torres se ilumina de cor vermella no canto de azul, coma todas as outras torres que viron. Aos dous moi cedo lles tenden unha emboscada por un grupo de bloques que axiña os desvirtualizan de Lyoko, pero non antes de que Ulrich se amañe para destruír un destes monstros. Eles, outra vez no laboratorio, salvan Jeremie, Sissi e Kiwi. Despois de que o ataque diminúa, Jeremie contacta con Maia e infórmalle de que están ben. Mentres tanto no sector de xeo de Lyoko, a torre que Ulrich viu antes, aínda esta iluminada de cor vermella.

Segunda parte[]

Á mañá seguinte Odd saúda Ulrich e Sissi no almorzo revelando que se peiteou o pelo “ao estilo Lyoko”. Mentres tanto, Jeremie continua a súa pescuda de Lyoko. El explica a Maia que Ulrich e Odd volven á Terra se son desvirtualizados en Lyoko, pero con todo ela desaparecerá se for desvirtualizada. No entanto Jeremie descobre que as torres poden servir como portais entre a Terra e Lyoko e cre que a torre vermella descuberta no sector de xeo se podería utilizar para traela á Terra.

Os tres estan entusiasmados coa idea pero Ulrich aínda insiste en apagar a computadora, e Jeremie promete que xusto despois de que materialicen a Maia o farán. Sissi diríxese á práctica de animadoras e invítalle a Ulrich a vela, pero el dille que non.

Mentres tanto en Lyoko a torre activada emite unhas pulsacións que van cara a esa torre e escóitase Maia no sector do bosque a chamar a Jeremie, pero como el non responde, ponse en marcha pola súa conta. Ela vai ao sector das montañas e é atacada por máis monstros. Mentres todo isto sucede, Ulrich volve ao ximnasio e involúcrase nun desquite coa rapaza xaponesa. Ao final do combate, o cal foi un empate, a rapaza preséntase como Yumi. Jeremie e Odd vai á biblioteca onde Jeremie investiga un programa chamado “regreso ao pasado”. Odd pide a Jeremie que o axude nun traballo e ponlle o alcume de “Einstein”.

Máis tarde, cando Sissi regresa ao seu cuarto, é atacada por unha esfera eléctrica que xorde do enchufe e queda inconsciente. A esfera desvanécese e Nicolas e Hervé atopan Sissi e dinllo ao seu pai para levárena á enfermaría, mentres que no ximnasio a Ulrich e a Yumi atácaos a esfera eléctrica. Vanse á fábrica e virtulízanse en Lyoko, onde Yumi descobre que vai vestida de Geisha e a súa arma é un abano bumerán. Na enfermaría, Sissi esperta e presa do pánico esquécese do seu segredo e dillo ao seu pai e a Jim. Eles non cren a súa historia, polo que os leva á fábrica, mentres en Lyoko, Maia chega á torre xusto antes de ser desvirtualizada.

Cando Maia entra na torre unha pantalla flotante aparece dándolle un pequeno susto, ela toca unha pantalla flotante e escríbese un nome que di “Aelita, Código Lyoko”, e desvanécese a esfera eléctrica. No entanto aparecen Sissi, o seu pai e Jim, e Jeremie proba o regreso ao pasado e regresan á mesma hora que Jeremie fora electrocutado pola máquina expendedora. No entanto, parece que Jeremie non lembra nada do incidente ou nada do ocorrido desde entón. Despois de que os tres lle explican todo o que sucedera, Yumi chega á conclusión de que só os que foran escaneados pola supercomputadora poden lembrar. Maia insiste en que a supercomputadora se pechará de todos os xeitos, crendo que era demasiado perigoso. Tamén revela que o seu nome é en realidade Aelita, o cal o viu na torre. Mentres Jeremie continúa a procurar a súa materialización, finalmente decátase de que Aelita fora atacada por unha criatura chamada XANA e estivera a utilizar a torre de cor vermella para lanzar o seu ataque. Tralo ocorrido Sissi queda fóra do grupo e deciden non apagar a supercomputadora, agora que saben como facer fronte aos ataques de XANA, e Jeremie seguirá á caza dun xeito de traer a Aelita ao mundo real.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio actual Episodio seguinte
0: O espertar de XANA 1: Godzilla, o oso de peluche
Advertisement