Wiki Código Lyoko
Advertisement
Nova orde
Lyoko27
Título orixinal (francés) Nouvelle donne
Título en inglés New Order
№ de episodio total 27
Tempada 2
Episodio na tempada 2x1
Estrea orixinal 31 de agosto do 2005
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Intento frustrado
seguinte
Territorio inexplorado

Nova orde é o episodio 1 da tempada 2 e o episódio 27 da serie Código Lyoko. Estreouse o 31 de agosto do 2005 en Francia.

Argumento[]

O episodio empeza un tempo despois de descubrir a ligazón de Aelita coa supercomputadora e a imposibilidade de apagalo xa que se o fan Aelita morre. Jeremie traballou duro para atopar novas e mellores formas para loitar contra XANA, e na primeira escena aparecen Odd, Ulrich e Yumi no sector do deserto subidos nuns novos vehículos creados por Jeremie. Eles están a facer unha cursa para ver quen chega máis lonxe, e Odd perde porque cae. Entón descobren uns monstros de XANA novos, as tarántulas, que teñen máis puntos de vida que os outros monstros e rapidamente desvirtualizan aos Guerreiros de Lyoko, e Aelita corre a unha torre e Jeremie activa o código: Terra para materializala.

No laboratorio, Jeremie informa a Aelita que fixo un programa para detectar torres activadas automaticamente, e Aelita pasará a vivir en Kadic como interna. A escena pasa á academia, onde Jim insignia a Aelita a súa nova habitación (a que antes era de Taelia no episodio 10 A rapaza dos meus soños). Ela di que se chama Aelita Stones, é curmá de Odd e vén do norte. Jim dille aos outros que lle lembren as normas de Kadic, se é que se acordan dalgunha.

No patio, Ulrich está a pensar en que dicirlle a Yumi, pero aparece outro rapaz con ela. O seu nome é William Dunbar e el vén doutra escola, despois de ser expulsado dela.

A clase ten unha viaxe aos bosques próximos para ciencias, e Yumi vaise con el. Durante a excursión, Aelita e Jeremie van xuntos falando de cousas de computadores. Sissi di a Nicolas e Hervé que se se cren que son o señor e a señora Einstein, pola maneira de falar.

Durante a excursión, Jeremie vese obrigado a recuperar o seu computador portátil, deixando a Aelita no bosque. Dille a Aelita que non teña medo, que non haberá monstros como en Lyoko, e vaise. Mentres tanto, Ulrich está a espiar a Yumi, que está con William. Yumi lémbralle a William que foi expulsado por pegar carteis na súa anterior escola xa que se decatou, el dille que eran cartas de amor, e que o amor lle volve tolo.

Cando Jeremie se ha ir, Aelita empeza a ter unhas visións duns lobos, ela asústase e empeza a correr. Sen darse conta vai parar a unha casa coñecida como o Eremitorio, mentres que XANA activa unha torre. Jeremie avisa a Odd, Ulrich e Yumi. Odd estaba con Kiwi, Ulrich deixa a cámara e Yumi deixa abandonado a William. No Eremitorio, Aelita ten visións aínda máis, e nas súas visións aparece un home maior con lentes opacas tocando o piano. Ela segue correndo pola casa.

Unha vez que os outros chegan a buscar a Aelita, decátanse de que XANA posuíu a casa e utiliza todo o que contén para atacalos. XANA lanza mesas, cadeiras, pratos e cubertos… O tres atopan a Aelita nunha sauna no soto. XANA tenta atrapalos a todos dentro e fervelos, pero entón Odd impide pechar a porta, e só se escapan el e Aelita, co que XANA ten éxito capturando a Ulrich e Yumi.

Aelita e Odd van á fábrica, pero de súpeto Aelita dalgunha maneira sabe que hai unha porta que conduce aos sumidoiros. Odd sorpréndese. Eles dous chegan á fábrica, e Jeremie virtualízaos no sector do xeo para desactivar a torre antes de que Ulrich e Yumi sexan fervidos vivos.

Jeremie envía os vehículos: a Odd o Overboard e a Aelita o Overwing. No Eremitorio, Ulrich di a Yumi que se quite a camiseta, que non a mirará. E os dous quítanse a súa camiseta e ponse un de costas contra o outro. En Lyoko aparecen tarántulas, e perseguen a Aelita. Cando ela non ten escapatoria, Odd rapidamente destrúe a tarántula cunha frecha láser. Pero el queda sen frechas, e escóndese tras a torre. Jeremie recárgalle as frechas, e Aelita logra entrar na torre. Cando Ulrich e Yumi están a piques de morrer fervidos, Aelita desactiva a torre e Jeremie activa un regreso ao pasado.

A señora Hertz pon un 0 a Sissi pola elaboración dunha flor da floraría da cidade, e Jeremie regálalle un móbil rosa a Aelita para que sempre estea en contacto con eles.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
26: Intento frustrado 27: Nova orde 28: Territorio inexplorado
Advertisement