Wiki Código Lyoko
Manta

Manta.

As mantas son monstros de XANA estilizados azuis e brancos (a de William-XANA é negra para distinguilas) que miden aproximadamente 2 metros de lonxitude, 1 m de envergadura, e desprázanse en grupos de tres.

Son criaturas que habitan no sector 5, aínda que despois diso poden ir aos outros sectores. Teñen tres armas á súa disposición: a primeira é un láser potente que se atopa na súa boca; a segunda é a capacidade de estender minas por un orificio no seu parte inferior, podendo usalas como barreira flotante ou como mísiles teledirigidos; e unha técnica na que dúas mantas se unen polo ventre e lanzan un feixe de luz vermella que, ao impactar, provoca que o obxectivo crea que está en Lyoko se está no mundo real e viceversa. Isto foi visto só no episodio 60 (Demencia temporal).

As mantas destrúellas co Ollo de XANA (situado nas súas costas). Odd pode controlalas coas súas garras. Son os monstros que destruíron a Franz Hopper no sector 5.

XANA creou unha manta negra como vehículo de William-XANA. É como unha manta normal, pero no canto de azul é negra. Ten unhas rendas engadidas para o fácil uso de William-XANA.

En Código Lyoko: Evolución aparecen unhas mantas no Mar dixital, iso demostra que XANA gañou poder e reforzou ás mantas con escudos para ir polo Mar dixital.

Galería[]


Monstros de XANA
BloquesCangrexosCascudasGardiánKolosoMantasMegatanquesScyphozoaTarántulasVermesVespasMonstros do Mar dixitalClons