Wiki Código Lyoko
Lyoko

Lyoko.

Lyoko é un universo virtual, no que Aelita, Yumi Ishiyama, Odd Della Robbia, Ulrich Stern, e William Dunbar son virtualizados e demostran diferentes poderes nese universo virtual.

Hai moitos sectores nese mundo virtual, onde os Guerreiros de Lyoko teñen que desprazarse para chegaren ás torres activadas por XANA e para impediren o seu ataque no planeta Terra.

Sectores[]

Sector do Xeo (1)[]

É un sector sombrío, polo feito de ser cuberto por un intenso xeo e que ten moitos túneles.

Os Guerreiros de Lyoko usan eses túneles para intentar escapar dos monstros de XANA.

Sector do Deserto (2)[]

É un sector que non ten moita vexetación, polo feito de ser un deserto.

É un lugar totalmente aberto, pero que ten moitas trampas para os Guerreiros de Lyoko.

Sector do Bosque (3)[]

É un sector cheo de árbores, que se parece a un bosque.

É un lugar perfecto para os Guerreiros de Lyoko se esconderen dos monstros de XANA, polas súas moitas árbores.

Sector das Montañas (4)[]

É un sector con moitas montañas e cheo de néboa.

É un lugar totalmente pechado, por moito neboeiro e cheo de penedos.

Sector 5[]

Coñecido como o proxecto Cartago, é onde está o corazón de Lyoko, que protexe o universo virtual (se o corazón é destruído, Lyoko desaparece para sempre).

Despois de XANA conseguir infiltrarse nas redes mundiais fai de todo para intentar destruír Lyoko, para que os nosos heroes non consigan detelo.

Imagens[]


Lugares
LyokoKadicFábricaEremitorioCasa de YumiMar dixitalRéplicaLimbo virtual