Wiki Código Lyoko
Advertisement
Trampa
Lyoko114
Título orixinal (francés) Le piège
Título en inglés Trap
Nº de episodio total 114
Tempada 5 (Evolución)
Episodio na tempada 5x19
Data de lanzamento orixinal 5 de maio do 2013
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Obstinación
seguinte
Espionaxe

Trampa é o episodio 19 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 114 en total de Código Lyoko. Estreouse o 5 de maio do 2013 en Francia.

Argumento[]

No sector 5, Aelita está a falar co seu pai Franz Hopper (segundo ela cre), acerca de que habia visto á súa nai Anthea Hopper en Cortex e promételle que a atopará pronto, logo regresa ao laboratorio onde lle di a Jeremie que estivo a buscar en Internet e non atopou nada. Non sabe se é boa idea usar unha rede social, ao ser tarde deciden continuar ao outro día.

En Kadic, Ulrich dille a Jeremie que xa se tentou roubar os códigos a un espectro e non funcionou, Odd di un chiste e nun momento di que podía cambiar de rol con Ulrich, o que lle dá a idea a Jeremie, quen se retira. Na cafeteria, Jeremie di que estaban equivocados ao tentar porlles códigos aos espectros, o que hai que facer é quitarllos, para o que terían que capturar un espectro meténdoo nun escáner, os demais parecen estar inseguros diso, o plan é que Yumi faga de camada por ter máis códigos, Ulrich e Odd irán a Lyoko a desactivar torres polo si ou polo non e Aelita non estará con eles.

Na súa habitación, Aelita observa unha foto súa coa súa nai, e lembra algo da súa infancia no momento que se tomou esa foto, acto seguido tómao co seu móbil para logo pasalo a unha rede social, que é a primeira vez que entra nun. Escribe unha mensaxe e envíao xunto á foto. No parque, William dille a Yumi que se esconderá onde están, cando o epectro aparece e achégase demasiado, intervirá, Yumi chama a Jeremie para dicirlle que están nos seus lugares, Ulrich e Odd van aos escáneres. Yumi empeza a camiñar procurando protexer os seus códigos, Odd e Ulrich virtualízanse e teñen que esperar.

Despois dun intre, Ulrich quéixase e Odd ponse a chancear ata que Jeremie dille que se concentren, finalmente actívase unha torre no deserto, Jeremie transfíreos ao devandito sector sen necesidade do transportador, ponse en marcha pero non poden facelo cos seus vehículos. Jeremie avisa a Yumi e ela prepárase, Jim chega correndo e lle pragunta a Yumi se quere correr con el, ela dille que non ten ganas de correr e Jim retírase correndo. Un espectro en forma de adulto aparece e persige a Yumi camiñando. William ségueo e avisa a Jeremie.

Odd e Ulrich seguen e Jeremie dille a Odd que debe protexer a Ulrich que é o único que pode desactivar a torre. Yumi xa entrou aos sumidoiros, seguido do espectro, Odd e Ulrich xa están preto da torre, tres cangrexos aparecen e atacan. Yumi chega ao ascensor e avisa a Jeremie, este dille que vaia aos escáneres. O espectro chega, Jeremie toca unhas teclas e o ascensor ábrese. Yumi segue alli e sae, o espectro tenta tocala, pero era unha isca, o ascensor péchase e baixa aos escáneres. Alli o espectro atopa a Yumi, quen se mete nun escáner e se virtualiza. William chega ao laboratorio, o espectro métese no escáner e identifícase os códigos.

Ulrich e Odd enfróntanse aos cangrexos (agora son 4), XANA está a perder códigos. O espectro empeza a esnaquizar o escáner onde está atrapado, advirte a Ulrich para que desactive a torre, o escáner empeza a desprogramarse, e de súpeto, deixa de atacar. Resulta que os restos do espectro pasou a Lyoko en forma de fume con puntos verdes. O espectro atopa a Yumi camiñando, Jeremie advírtello a Yumi, quen o tenta atacar cos seus abanos, pero non fornece efecto e o espectro tócaa deixándoa paralizada como en estado de coma con ollos verdes, perdeu a maioría dos seus puntos.

Jeremie advírtelle a Odd e Ulrich. O último cangrexo é destruído por Odd, pero Ulrich é alcanzado polo espectro. Odd advírtello a Jeremie e pregúntase por que está a salvo. William lembra que os espectros están programados para roubar códigos, e como Odd xa non os ten, XANA non o recoñece. Como Odd non pode desactivar a torre, Jeremie tenta materializar ao tres, pero os escáneres non funcionan. William baixa a ver o que teñen os escáneres. Momentos despois Jeremie detecta na pantalla algo coma se Yumi movésese, envíalle o Overwing a Odd para que revise, cando chega obseva que o espectro está a levarlla, Jeremie detecta que está a levarlla cara ao Mar dixital. Odd ségueo ao non deber tocalo, Jeremie pensa antes de que Yumi quede virtualizada para sempre. Entón dille a Odd que entre a unha torre de paso para inxectarlle os códigos que Jeremie logrou quitarlle ao espectro.

William dille a Jeremie que os cables están rotos, polo que tenta arranxalos como o facía o seu pai. Odd entra á torre e Jeremie transfírelle os códigos, acto seguido Odd diríxese á torre activada. O espectro sente a presenza doutro ser con códigos, deixa a Yumi no chan e diríxese cara a onde vai el. Odd segue a toda velocidade mentres o espectro perségueo, logra entrar á torre e desactívaa aínda que o espectro conseguiu entrar pero explota a tempo antes de tocalo, e o tres materialízanse salvos.

No laboratorio, todos están de acordo con que non tentarán capturar outro espectro. Odd alégrase de poder desactivar torres de novo co 4%, o poder de XANA baixou, o que lle dará máis tempo a Aelita a atopar á súa nai. En Kadic dálle a noticia a Aelita, ela dille que recibiu centos de respostas e fíxose unha cadea solidaria para axudala. Jeremie lle pormete que a atoparán.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
113: Obstinación 114: Trampa 115: Espionaxe
Advertisement