Wiki Código Lyoko
Falta de boa vontade
Lyoko81
Título orixinal (francés) Œil pour œil
Título en inglés A Lack of Goodwill
№ de episodio total 81
Tempada 4
Episodio na tempada 4x16
Estrea orixinal 30 de agosto do 2007
Tipo de episodio Viaxe co Skid
Episodios de Código Lyoko
anterior
Vida de can
seguinte
Memorias distantes

Falta de boa vontade é o episodio 16 da tempada 4 e o episódio 81 da serie Código Lyoko. Estreouse o 30 de agosto do 2007 en Francia.

Argumento[]

O episodio comeza na cafetaría, nunha charla, Odd presume pondo unha bóla de carne de pan nun tenedor, golpea o outro extremo e atrapa a bóla. Aelita tenta facer o mesmo cunha laranxa, pero non a atrapa e cae sobre o puré de Sissi. Jim grítalle ao clon de William por tratar de facer o mesmo cun vaso.

A Jeremie non lle importa o seu castigo, pero preocúpase moito, di que pode ser porque lle puxo un programa para que sexa menos estúpido, de modo que non desvele que é só un clon. O que preocupa a Jeremie é que o programa para mellorar a intelixencia do clon estea a aumentar a súa capacidade de tomar decisións en por si, sen suxeitarse con estrictez ao que lle dita a súa programación, xa que podería significar o risco de dar orixe a un segundo ente con intelixencia artificial capaz de volverse un novo inimigo dos Guerreiros de Lyoko. Ao terminar para comer Jeremie di que atopou unha nova Réplica. Asegura que a destrución destas Réplicas é a clave para a destrución de XANA. Milly e Tamiya escoitan esta conversación e deciden preguntar a William sobre que non é real.

Mentres os Guerreiros de Lyoko van ao sector 5 de Lyoko para coller o Skidbladnir, Jim di ao clon de William que o castigo terminou. O Skid entra na nova Réplica que é unha copia do sector do deserto. Ao mesmo tempo Milly e Tamiya tentan preguntarlle cousas sobre o seu segredo, ao pricipio complícaselles pola súa estupidez, pero ao final conseguen facer que llo diga, cando Milly fálalle sobre unha carta de amor e fai ver que está namorada de William.

O clon fai que as nenas crean que hai dúas Williams. Na Réplica, Aelita atraca o Skid nunha torre e ela e Ulrich se teletransportan a Novo México, onde está a supercomputadora que controla esa Réplica, mentres Odd e Yumi quedan a protexer o Skid. En Kadic, o clon de William conduce a Milly e Tamiya á fábrica.

Mentres Aelita e Ulrich están en Novo Mexico, nunha basee militar abandonada, na Réplica unhas vespas empezan a atacar ao Skid, e Odd e Yumi empezan a loitar contra eles. Un dos escáneres ábrese e de alí sae William-XANA materializado. Ulrich e Aelita atopan unha sala de máquina e tentan decirselo a Jeremie, pero ven obrigados a manter a súa posición. Odd e Yumi terminan coas vespas e pensan que facer ata que chegan tarántulas.

William-XANA chega á sala da supercomputadora. Jeremie chega e tenta facerlle fronte, sen éxito. Milly, Tamiya e o clon aparecen e este último empeza a pelexar co verdadeiro. Jeremie está ferido para levantarse, asi que pide axuda a Tamiya para que suba e fale cos seus compañeiros.

Na Réplica, Odd e Yumi terminan cunha das tarántulas e tratan de destruír ás demais. As tarántulas destrúen os vehículos de Odd e Yumi. En Novo México, Aelita e Ulrich se impacientan pola espera e preocúpanse por Jeremie, así que se desvirtualizan mútuamente volvendo ao Skid. Un William lanza ao outro cara ao ascensor e pecha a porta. Resulta ser o verdadeiro o que está no ascensor, que sobe ao laboratorio. Yumi é desvirtiualizada. William-XANA bloquea os escáneres, deixando encerrada a Yumi. O clon vai a por William-XANA.

Tamiya tenta facer fronte a William-XANA, pero é derrubada e queda na parede. Aelita, Odd e Ulrich saen da Réplica, mentres Willian-XANA toca unhas teclas e borra ao clon. Os Guerreiros de Lyoko enfróntanse a uns tiburóns no Mar dixital e véncenos.

Yumi sae do escáner, mentres o Skid chega ao núcleo, se garda, e Odd, Ulrich e Aelita desvirtualízanse. Milly tenta facer fronte a William-XANA, pero este activa unha virtulización atrasada e regresa ao escáner para volver a Lyoko. Milly e Tamiya fan unha entrevista a Jeremie e logo este lanza un regreso ao pasado facendo que se esquezan todo.

De volta na cafetaría de Kadic, Jeremie comenta que a actualización que lle deu ao clon de William baseábase no programa que Franz Hopper usara para crear a XANA, e que podía converterse o clon nunha persoa humana. Ao final o clon disponse a tirar o vaso outra vez, pero ao final sorrí e non o fai.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
80: Vida de can 81: Falta de boa vontade 82: Memorias distantes