Falsos dobres | |
![]() | |
Título orixinal (francés) | Faux-semblants |
Título en inglés | False Pretenses |
Nº de episodio total | 116 |
Tempada | 5 (Evolución) |
Episodio na tempada | 5x21 |
Data de lanzamento orixinal | 14 de decembro do 2013 |
Tipo de episodio | Ataque de XANA |
Episodios de Código Lyoko | |
anterior Espionaxe |
seguinte Motín |
Falsos dobres é o episodio 21 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 116 en total de Código Lyoko. Estreouse o 14 de decembro do 2013 en Francia.
Argumento
Mentres Jeremie e Laura traballan co do virus, Aelita está na súa habitación, dille a Yumi que segue deprimida e está a esperar a que chegue unha mensaxe no seu computador, pero ninguén respondeu. Yumi suxire facer un día de rapazas: ir de paseo sen rumbo, reir como idiotas, falar de rapaces e ir de compras sen comprar nada. Aelita está de acordo, pero cando estan na saída, Sissi aparece e quere ir con elas de paseo.
XANA lanza un ataque, Jeremie (que está na fábrica con Laura) chama aos outros. Yumi e Aelita non poden despedirse de Sissi, Yumi vai pola súa conta mentres Aelita leva a Sissi ao colexio pretendendo buscar a Jeremie. Odd, Ulrich e William chegan á entrada ao sumidoiro e atópanse con Laura, pero William sospeita, recibe unha chamada de Laura que aínda está no laboratorio, a que está cos rapaces é un espectro. Ulrich e Odd foxen, e o espectro lanza un raio. William esquiva o raio e queda no chan ao pasarlle algo (parece sentirse mareado ou con dor de cabeza).
Ulrich atópase con Yumi en parque, foxe e chama a Jeremie. Cando este colga Yumi chega ao laboratorio, virtualízase con William e diríxense á torre. De volta a Kadic, Aelita segue con Sissi que non está satisfeita porque só quería ir de compras. En Lyoko, Yumi e William atopan a tres cangrexos custodiando a torre, Yumi sospeita que hai unha trampa, diríxese cara a outro lado mentres William distrae aos monstros, pero o plan non funciona e os cangrexos van a por Yumi. William é abatido por un cuarto cangrexo.
Ulrich chega ao laboratorio, pero Jeremie e Laura non están seguros de que sexa o verdadeiro. Fanlle unha pregunta persoal, Ulrich responde de mala gana demostrando que é o verdadeiro e diríxese aos escáneres. Os cangrexos son derrotados e Ulrich chega, Yumi achégase sorprendida polo rápido que chegou. Pero Ulrich saca un sabre e desvirtualízaa, o que resulta ser un avatar falso, William enfróntao e destrúeo, e o verdadeiro Ulrich chega.
Nese momento Odd chega ao laboratorio e tamén ten que responder unha pregunta persoal, ao demostrar que é o verdadeiro é enviado a Lyoko. Cando chega ocorre unha discusión entre o tres. Yumi aparece nos dormitorios parecendo buscar a alguén, atopa a Aelita (vea de costas), esa Yumi resulta ser o espectro e achégase para roubar os seus códigos, pero esa Aelita só era Sissi disfrazada, o espectro abre a boca e dá un berro de asalto. Sissi queda inconsciente.
Aparece outro Odd en Lyoko e di que a única forma de deter as trampas é desactivar a torre, pero os outros tres pensan que podía ser unha trampa na que impide entrar á torre, entón ocorre unha discusión sobre quen está a dicir a verdade. Na discusión, Ulrich é desvirtualizado e William destrúe ao falso Odd. William e Odd únense para destruír aos outros cangrexos.
Aelita e Yumi atópanse no bosque e pregúntanse se son o que din ser, entón Ulrich aparece tamén, non teñen outra opción que facerse preguntas persoais. Cos cangrexos destruídos, Odd prepárase para entrar á torre, pero outro Odd e outro William aparecen. O catro fanse preguntas para saber quen é quen, pero é un proceso longo e tedioso, Jeremie lanza un programa que fai que os clons brillen, os verdadeiros destrúen inmediatamente aos seus dobres e Odd entra á torre.
É a quenda de Ulrich de facer unha pregunta, diríxella a Yumi preguntando cal é o nome da persoa que ama. As rapazas camiñan lentamente tratando de afastarse, argumentando que o verdadeiro Ulrich non faría esa pregunta. O espectro corre cara ás rapazas, Odd desactiva a torre e o espectro desaparece antes de poder tocar. O verdadeiro Ulrich aparece, as rapazas mírano como sospeitando e ao final se rien. Jeremie lanza un regreso ao pasado. Yumi e Aelita atópanse de novo con Sissi na saída e o tres saen xuntas.
Galería
Sucesión de episodios
Episodio anterior | Episodio actual | Episodio seguinte |
---|---|---|
115: Espionaxe | 116: Falsos dobres | 117: Motín |