A fábrica é un dos tres lugares máis importantes na serie. É o lugar onde se atopa a supercomputadora que contén Lyoko. Na fábrica atópase o equipo utilizado para acceder e comunicarse con Lyoko.
O complexo consiste en catro niveles: o piso da fábrica coa sala de máquinas, o laboratorio, o cuarto de escáneres, e o cuarto da supercomputadora. O últimos tres niveles están protexidos por grandes portas, as cales son seladas electromagnéticamente por seguridade.
A fábrica é separada dun sistema de sumidoiro polo río; pode ser alcanzada soamente pola ponte ou por un barco, xa que está nunha illa.
Piso da fábrica[]
O piso da fábrica consiste en tres niveles. Os primeiros dous son unidos por un espazo aberto e ancho coñecido como corredor de catedral, onde se localiza o ascensor. Preto da parte posterior do corredor da catedral están as salas de máquinas, que se colocan encima unha doutra. Hai unha sala de mando preto do cuarto superior das máquinas. Toda esta zona está abandonada e unicamente é visitada polos Guerreiros de Lyoko cando se enfrontan aos posuídos por XANA na fábrica.
No ascensor, os niveis máis baixos que pertencen a Lyoko poden ser alcanzados. Aínda que pareza ser un ascensor de fábrica normal, está equipado con varias características de seguridade que protexen o equipo avanzado no laboratorio. A parede dereita do ascensor ten unhas portas de seguridade que conducen aos niveis máis baixos. A construción básica destas portas é unha grosa placa metálica cor verde brión dividida en dous, dotada de seguros mecánicos en tres dos seus catro lados, pintados en forma de liña de seguridade nas partes superior e inferior, e de cor bronce e ouro opaco aos lados. Do centro dun dos lados parte un mecanismo de peche en forma de dúas culleres colocadas simétricamente, que se unen facendo de seguro na parte posterior dunha peza circular situada ao centro, que cando as portas se abren debúxanse unhas liñas de electricidade nas marcas que indican as partes en que se subdivide, xira sobre si mesma, ábrese cara a fóra liberando as culleres, que se abren unha cara arriba e a outra cara abaixo, daquela as pezas que rodean os costados se retraen cara a dentro das paredes, e as dúas metades da placa base sepáranse. Ocultado dentro do interruptor de subida e baixada está o teclado numérico que abre as portas de seguridade. Jeremie teclea o código “59656” para acceder aos pisos inferiores; pero estrañamente este código só é introducido ocasionalmente nalgúns episodios, e non parece haber concordancia entre este e os que se introducen mediante os teclados numéricos dispoñibles dentro de cada un dos tres cuartos. Tamén está conectado á supercomputadora, podendo ser controlado remotamente dende o laboratorio. Hai dúas escalas no eixo do ascensor, unha dentro do oco mesmo por onde se move, e a outra percorrendo por dentro, e en liña recta, o laboratorio e a sala de escáneres, dispoñibles se o ascensor non se pode utilizar. Os teclados numéricos de reserva están situados no exterior de cada porta de seguridade. Tamén se pode bloquear a porta ou o funcionamento do ascensor. Só o fai Jeremie nos episodios 47 (En forma), 67 (Dous dobres), 73 (Réplica) e 86 (Un can multiplicado) dende a supercomputadora.
Niveis inferiores[]
Laboratorio da supercomputadora[]
Esta área está debaixo do piso da fábrica, é onde está a terminal da supercomputadora e onde Jeremie ten o control das viaxes a Lyoko. É tamén onde se atopa o holomapa, unha gran proxección de Lyoko.
Sala de escáneres[]
Esta área sitúase debaixo do laboratorio. Dentro dela están o tres escáneres que proporcionan o acceso a Lyoko. No centro hai unha abertura circular que leva á parte superior da supercomputadora, unha caída pode resultar letal.
Sala da supercomputadora[]
A sala da supercomputadora é o nivel máis baixo da fábrica. Pódese acceder a través do ascensor dende o piso da fábrica, como se demostra no episodio 26 (Intento frustrado). A única outra maneira de entrar no cuarto é a través dun acceso no chan no centro da sala de escáneres. A sala da supercomputadora é onde se aloxa a supercomputadora, que contén XANA (ata o final da tempada 2, na que XANA escapa da supercomputadora) e Lyoko.
Localización[]
A fábrica atopábase en 48° 49′ N 2° 13′ E pero foi demolida a finais do 2004. A illa onde se atopa ten pechado o acceso e só se pode acceder desde os sumidoiros. A illa chámase Seguin.
Lugares |
---|
Lyoko • Kadic • Fábrica • Eremitorio • Casa de Yumi • Mar dixital • Réplica • Limbo virtual |