Espectromanía | |
![]() | |
Título orixinal (francés) | Spectromania |
Título en inglés | Spectromania |
Nº de episodio total | 98 |
Tempada | 5 (Evolución) |
Episodio na tempada | 5x3 |
Data de lanzamento orixinal | 5 de xaneiro do 2013 |
Tipo de episodio | Ataque de XANA |
Episodios de Código Lyoko | |
anterior Cortex |
seguinte Señora Einstein |
Espectromanía é o episodio 3 de Código Lyoko: Evolución e o episódio 98 en total de Código Lyoko. Estreouse o 5 de xaneiro do 2013 en Francia.
Argumento
O día en Kadic é bastante normal. Ata que un mozo con pelo longo vén abrazar a Aelita. Odd di un chiste sobre iso, pero Aelita sente mal. Ulrich logo intercede e libera a Aelita. Entón os oídos de Ulrich empézanlle a zumbar… mentres que unha torre actívase. Entón o mozo abraza a Yumi. Todos corren e métense nunha habitación, e Jeremie di que o mozo é en realidade un clon polimórfico de XANA que implantou códigos nos Guerreiros de Lyoko.
Ulrich, Yumi e Aelita atópanse mal. Entón deciden que Odd permaneza alí para ocupar o espectro mentres os outros se escapan pola xanela e vanse á fábrica. Na habitación, aparece Jim, e Odd déixalle pasar.
Os outros chegan ao laboratorio e Jeremie virtualiza a Aelita, Yumi e Ulrich no sector do deserto de Lyoko, onde xa non sofren a dor por mor da virtualización. Montan no seu vehículo e van para a torre, pero atópanse con bloques e unha tarántula. A batalla comeza. Na Terra, Odd escapa de Jim e escóndese, pero o espectro cóllelle de súpeto.
No deserto, Ulrich destrúe a tarántula, pero entón un bloque lle desvirtualiza. Yumi tenta despexar o camiño e conseguir que Aelita pase. Esta última vai cara á torre por unha duna alta… pero un bloque a desvirtualiza.
A situación parece ser crítica. Jeremie ofrece de desvirtualizar a Yumi ata que Aelita ten unha corazonada: pídelle a Yumi a ir desactivar ela mesma a torre. Jeremie e Yumi sorpréndense… pero deciden probalo. Mentres tanto Ulrich vai botar unha man a Odd.
Na Terra, a diferenza dos seus compañeiros, Odd non sente debilidade polo abrazo do espectro. Ata que de súpeto o espectro vólvelle a abrazar e Odd empúxalle. Jim entón vén rifarlle de abusar dunha nena máis pequena que el. Entón o clon corre, e Jim perséguelle. Odd leva a Ulrich con el e van encerrarse na súa habitación. Jim terminou quedando atrás, e o espectro sobe as escaleiras. Odd e Ulrich tratan de bloquear a porta da habitación.
Yumi en Lyoko, entra na torre e accede á interfaz onde é capaz de inserir o Código Lyoko. Na Terra, o espectro desaparece antes de que poida romper a porta do dormitorio. Jeremie e Aelita están a falar. Aelita cre que Yumi é capaz de deshabilitar torres grazas aos códigos fontes que lles implantou XANA. Pero unha segunda torre aparece activada. Isto implica que hai un segundo espectro.
Yumi a continuación, colle o Overwing e vaise cara á segunda torre. Na Terra, Odd e Ulrich deixan a habitación un pouco tranquilizados. Pero Aelita descobre que o segundo espectro ten a aparencia de Ulrich. Ela inmediatamente chama a Odd para advertirlle. Entón asústase e sae correndo do verdadeiro Ulrich cando o clon aparece. Ulrich foxe de novo á súa habitación, mentres que o espectro tenta derrubar a porta.
En Lyoko, Yumi achégase á torre, pero aparece un cangrexo. Yumi case se estrela contra unha columna e o seu vehículo é desvirtualizado. Odd é virtualizado pero non chega a tempo para salvala, e é desvirtualizada polo cangrexo. Odd ten máis dificultades que Yumi para entrar na torre debido á ansiedade. Ao final consegue entrar e desactiva a segunda torre. O clon desaparece despois de romper a porta do dormitorio e xusto antes de acabar con Ulrich.
A partir de aí, unha nova avaliación é necesaria. Jeremie fabrica reloxos de Guerreiro de Lyoko. Conectado a eles en tempo real, pódese ver o número de códigos fonte que lles puxo XANA no fluxo de enerxía do corpo… E o resultado é alarmante: en particular Odd xa perdeu moito.
Mediante a combinación de datos, calcula o punto en que XANA recuperou o seu poder. Os datos son de novo preocupantes: 70%. Se tivese todos os códigos, tomaría o control da Rede e nada podería detelo.
Galería
Sucesión de episodios
Episodio anterior | Episodio actual | Episodio seguinte |
---|---|---|
97: Cortex | 98: Espectromanía | 99: Señora Einstein |