Contacto | |
Título orixinal (francés) | Contact |
Título en inglés | Contact |
№ de episodio total | 50 |
Tempada | 2 |
Episodio na tempada | 2x24 |
Estrea orixinal | 1 de febreiro do 2006 |
Tipo de episodio | Franz Hopper contacta Ataque de XANA |
Episodios de Código Lyoko | |
anterior Franz Hopper |
seguinte A revelación |
Contacto é o episodio 24 da tempada 2 e o episódio 50 da serie Código Lyoko. Estreouse o 1 de febreiro do 2006 en Francia.
Argumento[]
O episodio empeza con Jeremie buscando o antivirus e descifrando os datos de Franz Hopper, pero falla. Entón aparecen Ulrich e Yumi, que lle din que descanse un pouco e vaia a ir ver unha curtametraxe de Odd.
Milly e Tamiya preguntan a Sissi que sente sendo protagonista dunha película, e ela deixa claro que non o sabe. A película de Odd empeza burlándose de Sissi e Jim. Entón Sissi quita a película, pero é atacada por un espectro e parece estar controlada por unha entidade misteriosa e vai con Jeremie, pero as súas palabras son nun idioma descoñecido e non se entende nada.
Jeremie mira o superescáner, pero non é XANA, ningunha torre está activada. Ademais, Sissi compórtase de forma estraña: segue murmurando as frases incomprensibles, que parece transmitir unha mensaxe para Jeremie. Jim leva a Sissi á enfermaría.
Ela vai velo na noite e trata de escribir algo no seu computador, pero Jim lévaa ao hospital. Ao día seguinte os Guerreiros de Lyoko van á fábrica. Yumi e Odd van ao hospital para ver que lle pasa a Sissi e descifrar as súas mensaxes, mentres que Ulrich e Aelita van a Lyoko, ao sector de bosque, e buscando, atopan unha torre rodeada por un halo branco. Podería estar relacionado co asunto de Sissi…
A torre é atacada por megatanques que tratan de desactivala. Jeremie é explícito: a torre debe ser protexida. Ao mesmo tempo, unha torre é activada no sector do xeo: XANA toma o control dunha enfermeira do hospital, chamada Chantal, para desfacerse de Sissi! Odd e Yumi son capaces de arrebatar a Sissi do seu agresor e van cara á fábrica.
En Lyoko, Ulrich enfróntase aos megatanques que disparan cara á torre branca e contra o consello de Jeremie, Aelita foxe co Overbike ao sector do xeo para desactivar a torre.
Yumi e Odd chegan á fábrica, e detrás deles, soa o chirrido dos pneumáticos dun coche conducido pola enfermeira posuída. Mentres Yumi distráea, Odd vai a Lyoko. Xa no laboratorio, Sissi, aínda controlada por unha misteriosa entidade, comeza a teclear unha función cifrada na supercomputadora.
En Lyoko, Ulrich despois dunha batalla épica contra o megatanque, desvirtualízalle deixando a torre sen protección, que é inmediatamente desactivada por disparos en semicírculo. Na Terra, o efecto é inmediato: Sissi volve á normalidade.
No sector do xeo, Aelita é retida entre tres cangrexos, pero a Scyphozoa non consegue pór un único tentáculo nela, porque cunha frecha láser de Odd escorréntaa, e Aelita corre á torre, teclea o Código: Lyoko e a enfermeira controlada por XANA cae sen chegar a matar a Yumi diante de Ulrich.
Logo Odd propón pór a Sissi nunha película onde explica o sucedido neste episodio. Descifrada a información escrita por Sissi, Jeremie descifra unha mensaxe moi interesante: A entidade que tomou o control de Sissi e a torre branca non era outro que Franz Hopper, dicindo “Podo axudarvos. Quero entrar en contacto convosco. Son Franz Hopper. Son Franz Hopper…”.
Galería[]
Sucesión de episodios[]
Episodio anterior | Episodio actual | Episodio seguinte |
---|---|---|
49: Franz Hopper | 50: Contacto | 51: A revelación |