Wiki Código Lyoko
Choiva quente
Lyoko75
Título orixinal (francés) Corps céleste
Título en inglés Hot Shower
№ de episodio total 75
Tempada 4
Episodio na tempada 4x10
Estrea orixinal 23 de agosto do 2007
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Prefiro non falar sobre isto
seguinte
O lago

Choiva quente é o episodio 10 da tempada 4 e o episódio 75 da serie Código Lyoko. Estreouse o 23 de agosto do 2007 en Francia.

Argumento[]

O episodio comeza no espazo onde un asteroide diríxese á Terra. No noso planeta, Jeremie está na fábrica mentres Aelita, Odd e Ulrich están no Mar dixital navegando co Skid, tratando de buscar unha forma de recuperar a William.

Despois dunha charla, móstrase a Yumi nunha clase de ciencias. Os alumnos de 5º e 2º teñen que representar ao sistema solar no parque, o cal aos alumnos non lles parece tan aburrido como a Yumi, e Johnny arránxallas para estar con Yumi e Hiroki. A señora Hertz di aos alumnos o que teñen que facer.

Jeremie ve no seu computador da fábrica a noticia sobre o meteorito que pasará preto da Terra, a muller que dá a noticia afirma que podería chocar co noso planeta arrasando todo ao seu paso e matando a moitos seres vivos. De volta a Kadic, a señora Hertz e Jim entrejan os materiais, e entón Jim interrompe e dá unha precaución sobre uns paus, os cales ten un extremo puntiagudo, se o cravan con esta parte cara arriba, pódense ferir. Logo é mostrado que el mesmo se feriu desa maneira, e por iso dio.

XANA activa unha torre no sector do deserto, toma o control dun satélite e dispara ao meteorito desviándoo á Terra en pequenos fragmentos, a mayoria van cara a Kadic. Jeremie atopa a torre e os Guerreiros de Lyoko ven obrigados a regresar a Lyoko.

A cadea da presentadora que Jeremie viu antes informa o meteorito esnaquizado que vai caer na Terra, sufrindo un claro fracaso ao tentar disimular que algo grave sucede respecto del; Jeremie investiga nun monitor de procura e descobre que un meteorito foi esnaquizado por un satélite. Calcula que aínda que a maioría dos fragmentos se desintegrarán na atmosfera, o máis grande estrelarase xusto na fábrica, arrasando Kadic xunto con toda esa zona da cidade.

Na escola, Yumi moléstase porque Hiroki e Johnny están a facer as cousas como non o tiñan que facer: Hiroki fai a Terra como unha bóla ovalada de cor vermella e Johnny fai a lúa cunha cara e con plantas. É chamada por Jeremie para que vaia á fábrica, iso pona inicialmente feliz, ata que ao chegar ao sumidoiro Jeremie explícalle a gravidade da situación; Yumi pensa que non pode deixar a Hiroki atrás mentres ocorre o ataque, polo que se dá a volta a pesar das insistencias de Jeremie.

No Mar dixital, o Skidbladnir é atrapado nunha trampa, non poden saír, e Yumi tenta covencer á señora Hertz e Jim de que deben evacuar a academia, pero non lle cren moito, para a súa sorte, os primeiros fragmentos aterran leigos, así que a señora Hertz comprende o pedido da súa alumna. Na fábrica, Aelita ten dificultades para saír da trampa, pero Jeremie idea outro plan: se toma o control do satélite que XANA usou, podería esnaquizar ao meteorito grande.

No colexio, os alumnos son evacuados e diríxense á saída cos seus profesores. Yumi recibe unha chamada de Jeremie quen lle di que busque o seu computador e conécteo coa antena do colexio. Ela faio, pero unha porta está pechada. Hiroki e Johnny seguírona e tentan facer que diga a verdade pero por unha caída de meteorito, apresúranse e permiten que Yumi suba á azotea.

Aelita, Odd e Ulrich conseguen chegar ao lugar da torre. Chegan William-XANA e tres tarántulas. Odd e Ulrich non conseguen vencelo. Yumi dáse présa en conectar o computador coa antena e Jeremie tenta tomar o control do satélite, pero entón XANA logra interferir no programa, dificultando a tal grao o seu funcionamento que Jeremie non pode facer nada para controlar o satélite; segue tentándoo pero é demasiado tarde.

O meteorito vaise achegando á fábrica; Yumi veo e ordénalle a Hiroki e a Johnny que se vaian, pero estes non obedecen. Aelita ordena a Odd que a desvirtualice e el faio. Demóstrase que XANA quería atrapar a Aelita, pero para facelo necesitábaa virtualizada; unha vez rematerilizada, non lle serve de nada destruír a supercomputadora, porque siginifca destruír o medio para darlle unha forma virtual coa que atrapala. En consecuencia, William-XANA retírase e as tarántulas desvirtualízanse, e o propio XANA destrúe o meteorito. Yumi bica na fazula a Hiroki e Johnny dándolles as grazas por axudala; Hiroki dille que nunca o esquecerá, o que resulta ser unha ironía porque Yumi, sabendo o que Jeremie vai facer, dá unha palmada con ambas as mans e lánzase un regreso ao pasado. Ao final Yumi sabe que Hiroki pode ser de axuda de cando en vez, e tamén sabe que non lle servirá de nada pechar a porta con pestillo.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
74: Prefiro non falar sobre isto 75: Choiva quente 76: O lago