Wiki Código Lyoko
Registrarse
Advertisement
Ataque subterráneo
Lyoko23
Título orixinal (francés) 36ème dessous
Título en inglés Rock Bottom?
Nº de episodio total 23
Tempada 1
Episodio na tempada 1x23
Data de lanzamento orixinal 4 de febreiro do 2004
Data de lanzamento (Galicia) 8 de setembro do 2007
Tipo de episodio Ataque de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Rutina
seguinte
A canle oculta

Ataque subterráneo é o episodio 23 da serie Código Lyoko pertencente á tempada 1. Estreouse o 4 de febreiro do 2004 en Francia e o 8 de setembro do 2007 en Galicia.

Argumento

O episodio empeza con que haberá tres días de festa. Yumi pide permiso aos seus pais para facer unha festa en casa mentres eles non están. Pola mañá, Yumi pide aos seus pais o permiso, e o seu pai dálle permiso aínda que di que non fagan desfeitas na casa. En Kadic, Yumi informa o éxito aos demais, pero Jeremie está preocupado pola actividade de XANA.

Odd encárgase de conseguir a música e prometeu traer a unha estupenda DJ. Nos corredores, Ulrich está a facer unha competición con Jeremie e Odd a ver quen se desliza máis sen zapatos, e gana Ulrich. Jeremie está a transmitir os resultados da competición a Yumi, pero aparece Jim, e mándalles á habitación. Continúan un pouco máis antes de ir ás súas habitacións, e Odd cae deixando caer unha foto dunha unha rapaza de pel escura.

Entón Odd vai até o valo que limita Kadic, e aparece Samantha Knight, a rapaza da foto. Cando Odd vea, bícaa (suponse que foran noivos). Con todo, esta ten planeado roubar un computador da escola. Mentres tanto, Jeremie non pode contactar con Lyoko, e preocúpalle. Ao final logra contactar con Aelita. Máis tarde, Ulrich di a Jeremie de xogar ao xadrez con el, e gana Jeremie.

Cando Odd trata de impedir que Sam roube un computador chega Jim, e Sam escóndese. Entón Odd carga coa culpa. Jim pecha o cuarto e Sam queda atrapada mentres el vai ao despacho do director (pero o sr. Delmas non está). Jeremie e Ulrich tentan protexer a Odd con Jim, xa que ven que se meteu en problemas. Mentres tanto, Sam está atrapada no cuarto de computadores. Ela chama a Odd para informarlle de onde está, pero Jim confiscalle o móbil a Odd.

Entón XANA activa unha torre no sector das montañas. Aelita tenta avisar a Jeremie, pero el non responde. XANA ataca esta vez afectando o chan da cidade, converténdoo en lodo. Isto provoca que os edificios se afundan polo seu propio peso. Jeremie chama a Yumi avisándoa do ataque. Mentres tanto, Sam non pode saír do cuarto de computadores. Odd decide contarllo todo a Jeremie e Ulrich sobre Sam, e mentres tanto Jim non se dá conta que está a afundirse.

Jeremie vai á fábrica mentres Ulrich e Odd van salvar a Sam. Eles dous collen unha corda para saltar ao outro edificio, e rescatan a Sam. Mentres tanto, Jeremie virtualiza a Yumi a Lyoko, pero a conexión non vai ben e case cae ao Mar dixital, e Aelita a axuda a subir. Elas dous ponse a saltar entre as pedras, pero atácanlles vespas.

Jim, mentres tanto, segue atrapado no edificio que a está a afundirse. Tenta chamar aos bombeiros, pero eles non lle cren. En Lyoko, Yumi está a evitar o láser das vespas, pero vén un por detrás e desvirtualízaa. Aelita usa a Sintetización para crear unha cova de rocas para protexerse, xa que está soa.

Ulrich e Odd salvaron a Sam e lévana á fábrica con eles. Sam queda sorprendida pola supercomputadora, e Jeremie dia de quedar con el, e virtualiza a Ulrich e a Odd. A cova é destruída, pero Odd e Ulrich veñen protexer a Aelita dos monstros de XANA. Ulrich usa a Multiplicación e destrúe unha vespa, pero acaba desvirtualizado tamén. Jim segue atrapado en Kadic, e cando está a piques de afogarse en lodo, Aelita fai uns saltos e desactiva a torre, e Jeremie activa un regreso ao pasado.

Odd leva a Sam á habitación de Jeremie, onde a presenta a Ulrich e Jeremie. Odd di que Jeremie é un xenio da informática, e proponlle facer música co computador do seu cuarto. Sam ponse moi contenta con Odd, e sorrí. Así termina o episodio.

Galería

Sucesión de episodios

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
22: Rutina 23: Ataque subterráneo 24: A canle oculta
Advertisement