Wiki Código Lyoko
Advertisement
A fermosa de Kadic
Lyoko85
Título orixinal (francés) La belle de Kadic
Título en inglés Kadic Bombshell
№ de episodio total 85
Tempada 4
Episodio na tempada 4x20
Estrea orixinal 22 de setembro do 2007
Tipo de episodio Unha rapaza descobre
supercomputadora
Episodios de Código Lyoko
anterior
Mísil guiado
seguinte
Un can multiplicado

A fermosa de Kadic é o episodio 20 da tempada 4 e o episódio 85 da serie Código Lyoko. Estreouse o 22 de setembro do 2007 en Francia.

Argumento[]

O episodio empeza en Kadic, despois de ter unha clase na que a profesora fala de Romeo e Julieta, os Guerreiros de Lyoko charlan sobre o feito que algunhas persoas morren por amor, cando Aelita e Jeremie vanse, Odd, Ulrich e Yumi ven como uns alumnos conversan cunha nova moza loura que é amiga de Sissi e provén de Islandia. Chámase Brynja Heringsdötir, a cal atrae aos rapaces e recibe moitas preguntas, até Ulrich e Odd quedan quietos mirándoa por encanto, sendo “espertados” por Yumi. Na cafetaría, os rapaces tratan a Brynja coma se eles fosen os seus serventes e sérvenlle a comida, e as rapazas aparentemente celosas falan con ela polos segredos da beleza, mentres o fan ignoran a Sissi coma se esta non existise, incluso Nicolas e Hervé.

Cando os Guerreiros de Lyoko saen da cafetaría, Odd que parece estar insensible aos encantos da islandesa, choca coa loura e queda encantado ao vela de preto. Na sala de xogos, Ulrich e Jeremie notan que Odd perdeu a cabeza por Brynja, polo que lle dan consellos de ter coidado cos seus encantos, Odd cre que están celosos. Brynja entra á sala de xogos e coñece ao grupo, os tres rapaces están encantados e ao final a loura sae con Odd a dar un paseo. Yumi e Aelita están celosas por Ulrich e Jeremie, respectivamente, aínda que Ulrich lémbralle a Yumi que só son amigos. Unha vez fóra, Jeremie recoñece que as rapazas teñen razón.

Na noite, cando Odd regresa á súa habitación, os seus amigos dinlle seriamente que coa súa amizade con Brynja estaba a provocarse pelexas no grupo e eles estanse separando, polo que propoñen que corte coa loura, pero Odd négase e retírase para ir coa moza ao cinema. Na fábrica, Jeremie instala un programa no computador e expresa as súas preocupacións pola situación do grupo. Odd e Brynja regresan a Kadic e o rapaz ten dúbida polo seu grupo de amigos. A loura suxírelle que consiga outros mellores amigos, pero Odd non está tan de acordo porque a amizade dura para sempre, para non perder a súa confianza, o rapaz lévaa ao laboratorio da fábrica sen que os de mais sáibano, pero Brynja toca unhas teclas ao azar provocando un problema, Odd dáse conta diso e decide que se deben retirar.

Á mañá seguinte, empézase a detectar torres activadas e non o están, Jeremie e Aelita descobren o que fixo Odd e o programa que instalaran foi modificado. Aelita suxire ir a Lyoko para ver se realmente hai unha torre activada, pero no canto de aparecer no sector do bosque como o indicou Jeremie sae no sector do xeo. O xenio chama a Yumi e Ulrich e estes buscan a Odd. Jeremie tenta materializar a Aelita, pero no intento é transportada ao sector das montañas e empeza a ser perseguida por dúas bloques e dous cascudas.

Ulrich e Yumi atopan a Odd e Brynja e discuten co primeiro polo que fixo porque a supercomputadora non funciona ben. Brynja decide ir á piscina e Odd elixe ir con ela, polo que é expulsado do seu grupo. Aelita destrúe un bloque e tenta escapar pero é detida por William-XANA. Yumi e Ulrich chegan á fábrica e se virtualizan, pero polo erro son enviados ao sector do deserto. William-XANA ataca a Aelita, pero Ulrich e Yumi chegan e pelexan con el. Na piscina, Odd ve como Brynja é moi amigable cos mozos, polo que decide que os seus amigos son máis importantes e escápase cara á fábrica. Jeremie tenta reparar o programa, Odd chega para desculparse e ofrécese a ser virtualizado para axudar aos seus compañeiros.

En Lyoko, Aelita e Yumi desfanse de varias cascudas e bloques, Ulrich é desvirtualizado por William-XANA, Yumi distráese por iso e tamén é desvirtualizada. O programa repárase e Odd se virtualiza, derrota a William-XANA, pero este antes de desaparecer empuxa a Aelita ao Mar dixital, pero Odd a salva activando as súas ás cunha frecha láser. O louro descúlpase co seu grupo de amigos e propón facer un regreso ao pasado, pero non o fan xa que Bynja non contou nada sobre o supercomputador e xa se vai de Kadic. O episodio termina con Odd perseguindo a Sissi, porque ela di que lle gustou que non a persigan mozos.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
84: Mísil guiado 85: A fermosa de Kadic 86: Un can multiplicado
Advertisement