Wiki Código Lyoko
Registrarse
Advertisement
A canle oculta
Lyoko24
Título orixinal (francés) Canal fantôme
Título en inglés Ghost Channel
Nº de episodio total 24
Tempada 1
Episodio na tempada 1x24
Data de lanzamento orixinal 11 de febreiro do 2004
Data de lanzamento (Galicia) 15 de setembro do 2007
Tipo de episodio Trampa de XANA
Episodios de Código Lyoko
anterior
Ataque subterráneo
seguinte
Código: Terra

A canle oculta é o episodio 24 da serie Código Lyoko pertencente á tempada 1. Estreouse o 11 de febreiro do 2004 en Francia e o 15 de setembro do 2007 en Galicia.

Argumento[]

O episodio comeza con Yumi, Ulrich e Odd combatendo aos monstros de XANA. No combate final, Odd destrúe dous bloques, pero un terceiro fai que perda moitos puntos. El arríscase e vai a por o bloque, e logra destruílo. Pero Odd faise o vanidoso dicindo a Jeremie que deixe traballar aos profesionais, e todos se enfadan. Aelita chega á torre, desactívaa e fan un regreso ao pasado.

Durante a escola, Jeremie empeza a falar con Odd e Ulrich na clase da señora Hertz, cando ambos se dan conta que non están. Automaticamente a escena pasa a “outro mundo real”, onde Odd e Ulrich si están. O Jeremie de aí parece serio, pero cando Odd e Ulrich falan en voz baixa, Jeremie protéxelles dicindo que a ecuación está mal.

No primeiro mundo real, Jeremie vaise da clase sen responder á señora Hertz onde está Ulrich e Odd, e fai unha rápida inspección que lle permite verificar que Yumi tampouco está. Mira no cuarto de Odd e Ulrich, e non hai ninguén. Entón vai falar con Aelita, e ela di que tampouco están en Lyoko. Jeremie quere ver se hai algo nos escáneres, pero aparece Jim e lévallo.

No segundo mundo, o tres Guerreiros de Lyoko ven que Jeremie está só e serio, e entón Yumi explica que na súa clase anterior o tempo volveu uns segundos ao pasado e volveuse a repetir. En Lyoko, Aelita nota pulsacións, e vai do sector do deserto ao das montañas.

No primeiro mundo, o sr. Delmas interroga a Jeremie, cando chama Aelita. El pon unha escusa para falar con Aelita, e o director dálle 3 minutos. Aelita dille que hai unha torre activada, e Jeremie di que non pode saír. Entón Aelita propón actuar no mundo real como XANA, e Jeremie dille ao director que lles levará onde están eles tres.

No segundo mundo, Odd búrlase de Sissi e ela responde, pero máis tarde ela volve aparecer e volve responder o mesmo esta vez sen dicir nada Odd. No primeiro mundo, Jeremie leva ao sr. Delmas e Jim á sala de caldeiras e Aelita fai unha explosión, co que Jeremie foxe á fábrica.

Na fábrica, Aelita capta unha transmisión e ensínallo a Jeremie: o tres Guerreiros de Lyoko están nun adestramento con Jim, e alí hai outro Jeremie. Nicolas e Hervé peléxanse… e repiten a pelexa. Jeremie segue inexplicablemente frío.

Jeremie resolve o misterio: Yumi, Ulrich e Odd están atrapados en Lyoko dentro dun simulador (unha burbulla que simula o mundo real), e o “Jeremie” de aí é en realidade XANA. El, a pesar do seu medo, métese no escáner, Aelita virtualízao e aparece nese simulador. Jeremie-XANA di a Jim, agora con forma de zombie, que o verdadeiro Jeremie apareceu no simulador. Mentres tanto, Aelita atopa o exterior do simulador no xeo.

Yumi informa a Odd e Ulrich que se decatou de que na súa casa só hai copias dos seus pais que repiten permanentemente as mesmas accións, como un disco raiado, e dilles que non digan nada a Jeremie. O verdadeiro Jeremie chega, pero Jim como zombie empézalle a perseguir e Jeremie foxe. Mentres tanto, todo o ve Jeremie-XANA. Yumi, Odd e Ulrich van á falsa fábrica, mentres Jeremie é perseguido polos zombies de Jim, Nicolas e Hervé. De súpeto faise de noite.

Na falsa fábrica, aparece Jeremie-XANA, e empézalles a enganar dicindo que Lyoko está a borrarse e deben ir aos escáneres. Entón aparece o verdadeiro Jeremie. El e Jeremie-XANA empezan unha confrontación, e o verdadeiro Jeremie di a verdade: que chegou a Lyoko usando un escáner. Entón Jeremie-XANA di que el nunca pasaría polos escáneres, pero Odd convéncese de que que si pasaría polos escáneres con tal de salvar aos seus amigos, os demais, convencidos de que só o verdadeiro Jeremie podería dar unha mostra de amizade como esa, pensan o mesmo. Derrotado no seu intento de enganar aos Guerreiros de Lyoko, Jeremie-XANA tolea, captura a Jeremie cos cables do piso, e aos demais cos falsos Jim, Nicolas e Hervé, e prepárase para destruílos pola forza sen esperar máis.

Afortunadamente Aelita decátase do ataque, e logra romper a burbulla de contención que alberga esa realidade coa súa sintetización e Jeremie regresa ileso á Terra mentres Yumi, Ulrich e Odd espertan no sector do xeo sen lembrar nada. O episodio termina con Yumi, Ulrich, Odd e Aelita combatendo cun escuadrón de bloques.

Galería[]

Sucesión de episodios[]

Episodio anterior Episodio actual Episodio seguinte
23: Ataque subterráneo 24: A canle oculta 25: Código: Terra
Advertisement